Basilio Calvar Solla
Basilio Calvar Solla | |
---|---|
Alcume | Roxo de Domaio |
Nacemento | 2 de maio de 1911 |
Lugar de nacemento | Verdeal |
Falecemento | 24 de setembro de 2002 |
Lugar de falecemento | Bordeos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Irmáns | Clemente Calvar Solla |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Basilio Calvar Solla, coñecido como Roxo de Domaio, nado en Verdeal (Domaio, Moaña) o 2 de maio de 1911 e finado en Bordeos o 24 de setembro de 2002, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi detido con Benito Bermúdez Palmás en marzo de 1930 acusados de agresión,[1] e foi novamente detido co seu sobriño Manuel Calvar González en abril de 1932 acusados de furto.[2] Membro da Solidaridad Marinera da CNT. Foi detido en xullo de 1936 con Manuel González Pequeño e Enrique Calvar Calvar, acusados de efectuar disparos contra a casa do médico de Moaña Julio Rodríguez Franco.[3] Participou nos combates para opoñerse ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Tras estar fuxido, foi detido e xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día de prisión, foi posto en liberdade vixiada no verán de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1941.[4] Os seus irmáns tamén foron vítimas da represión: Clemente foi paseado; José rapado, purgado e detido varios meses; e Manuel detido sen procesamento e finalmente enviado a un batallón de traballadores. Sobreviviu dedicándose á venda de patacas. Pola presión implacable das autoridades, botouse ao monte. Formou parte do grupo de Benigno Andrade García "Foucellas" que actuaba no sur da provincia da Coruña. En novembro de 1946 uniuse ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da morte dos líderes Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes, o 21 de maio de 1947, os guerrilleiros sobreviventes dispersáronse. Logrou marchar a Francia, onde morreu o 2 de maio de 2002.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Instituto de Estudios Vigueses, ed. Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 44. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Basilio Calvar Solla na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Los de la Sierra (en francés)