Ramón Villar Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Villar Paz
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata (115/116 anos)
Teis, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Ramón Villar Paz, nado en Teis en 1908, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albanel afiliado á Unión Xeral de Traballadores (UGT), co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto, pero logrou fuxir. En maio de 1939 presentouse ao gobernador civil Manuel Gómez Cantos e foi amnistiado. Afiliado ao Partido Comunista de España foi detido o 31 de agosto de 1945, pero liberado de xeito estraño e sospeitoso en xaneiro de 1946. Uns meses despois incorporouse ao grupo de Manuel Simón Campos no destacamento Paco Barreiro. Foi detido o 21 de maio de 1947 xunto con Eladio Covelo Álvarez, o mesmo día en que foron abatidos Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes e colaborou ​​coa Garda Civil na eliminación dos superviventes do destacamento Paco Barreiro. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 27 de abril de 1949 por actividades subversivas,[1] foi condenado a 4 anos de prisión e, logo de solicitar un indulto, liberado poucas semanas despois, o que suxire que puido ser un infiltrado da Garda Civil na guerrilla. Sufriu un grave accidente ao caer nunha casa en construción na que traballaba en Teis en abril de 1967.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dos consejos de guerra", La Voz de Galicia, 28-4-1949, p. 2
  2. El Pueblo Gallego, 7-4-1967, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 139. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]