Claudio Rodríguez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClaudio Rodríguez Vázquez
Biografía
Nacemento1913 Editar o valor em Wikidata
Teis, España Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1951 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Lavadores, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCrispín
Penis Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Claudio Rodríguez Vázquez,[1] coñecido como Crispín ou Penís, nado en Teis (Vigo) en 1913 e finado en Lavadores en abril de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PCE. Non se presentou a filas cando foi chamado o seu reemprazo e uniuse ao grupo de José e Rogelio García Morales, os Maletas, activo desde 1938 entre Redondela e Vigo. Presentouse ante o gobernador civil Manuel Gómez Cantos en 1939 atraído pola promesa de amnistía. A principios de 1940 participou na reorganización do PCE. Pola presión policial botouse ao monte en novembro de 1945. Foi membro do destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, baixo o mando de Manuel Simón Campos. Acusado de participar no asasinato do veciño de Beade Manuel Leirós Pérez o 26 de xaneiro de 1946. O 14 de outubro de 1946 participou no asalto en Vilatuxe a oito ómnibus que se dirixían á feira da Bandeira.[2] Despois da morte dos líderes Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes, o 21 de maio de 1947, os guerrilleiros sobreviventes dispersáronse. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Manuel Álvarez Díaz, Basilio Calvar Solla, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.[3] A principios dos anos cincuenta foi localizado pola Garda Civil en Lavadores. Foi morto pola Garda Civil en abril de 1951.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunha fontes o seu nome aparece como Claudino.
  2. O asalto guerrilleiro da Saborida
  3. El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
  4. "Muerte de un audaz bandolero", El Pueblo Gallego, 10-4-1951, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 504. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 123. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]