Agustín Álvarez Araujo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustín Álvarez Araujo
AlcumeTito e Caralladas
Nacemento1918
Lugar de nacementoVigo
Falecemento30 de maio de 1947
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Agustín Álvarez Araujo, coñecido como Tito ou Caralladas, nado en Rorís (Teis, Vigo) en 1918 e finado en Vigo o 30 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro veciño do Paraixal (Teis) e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado e participou na guerra civil no exército franquista. Desertor do exército, estivo preso en Mozarrifar (Zaragoza). Foi novamente arrestado en 1945, pero logrou escapar. Uniuse ao grupo de Manuel Simón Campos, activo na área de Vigo e o sur da provincia de Pontevedra, en outubro de 1946. En novembro de 1946 incorporouse ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Teis o 30 de maio de 1947.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 464. ISBN 84-89599-33-5. 
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 34–35. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]