Saltar ao contido

Lingua náhuatl

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Náhuatl
Nawatlahtolli, mexikatlahtolli,[1] mexkatl, mexikanoh, masewaltlahtol
Pronuncia:[ˈnaːwatɬ]
Outros nomes:Azteca, mexicano
Falado en: México
Rexións: Estado de México, Puebla, Veracruz, Hidalgo, Guerrero, Morelos, Tlaxcala, Oaxaca, Michoacán, Durango
Total de falantes: 1 700 000 (2020)[2]
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
Escrita: Alfabeto latino
Escrita azteca (até o século XVI)
Status oficial
Lingua oficial de: México
A través da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas[3]
Regulado por: Instituto Nacional de Linguas Indíxenas[4]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: nah
ISO 639-3: nhe
Mapa

Distribución anterior ao contacto cos españois (verde) e actual (vermello) do náhuatl como lingua dominante en México.
Status

O náhuatl da Huasteca está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[5]
Home nahua no Códice Florentino. As cintas vermellas indican fala ou canción.

A lingua náhuatl[6][7] (que deriva de nāhua-tl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )),[cn 1] nāhua, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»),[10] coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana,[11] é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos.

O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII.[12] Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana. Durante os séculos anteriores á conquista española e tlaxcalteca do Imperio Azteca, os aztecas expandíronse ata incorporar gran parte do centro de México. A súa influencia fixo que a variedade de náhuatl falada polos residentes de Tenochtitlán se convertese na lingua de prestixio en Mesoamérica.

Despois da conquista, cando os colonos e misioneiros españois introduciron o alfabeto latino, o náhuatl converteuse tamén nunha lingua literaria. Durante os séculos XVI e XVII escribíronse nesta lingua moitas crónicas, gramáticas, obras de poesía, documentos administrativos e códices.[13] Esta primeira lingua literaria escrita na variedade de Tenochtitlán foi etiquetada como náhuatl clásico. Está entre as linguas indíxenas de América máis estudadas e mellor documentadas.[14]

No presente, as linguas nahuas fálanse en comunidades dispersas, sobre todo nas zonas rurais do centro de México e ao longo da costa. Hai un número menor de falantes nas comunidades de inmigrantes dos Estados Unidos.[15] Existen diferenzas considerables entre as variedades, e algunhas non son mutuamente intelixibles. A lingua náhuatl da Huasteca, con máis dun millón de falantes, é a variedade máis falada. Todas as variedades estiveron suxeitas a diferentes graos de influencia do castelán. Ningunha lingua nahua moderna é idéntica ao náhuatl clásico, pero as que se falan no val de México e arredores están xeralmente máis relacionadas con el ca as da periferia.[16] Segundo a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas de México, promulgada en 2003,[17] o náhuatl e outras 63 linguas de México están recoñecidas como linguas nacionais na rexión onde se falan. Conferíuselles o mesmo status ca o castelán nas súas respectivas rexións.[cn 2]

As linguas nahuas presentan unha morfoloxía, ou sistema de formación de palabras complexa, caracterizada pola polisíntese e a aglutinación. Isto quere dicir que os morfemas, palabras ou anacos de palabras que conteñen cada un o seu propio significado separado, adoitan enlazarse para formar palabras complexas máis longas.

A través dun longo período de desenvolvemento xunto a outras linguas mesoamericanas indíxenas, absorberon moitas influencias, chegando a formar parte da área lingüística mesoamericana. Moitas palabras do náhuatl foron absorbidas polo castelán e, a partir de aí, difundíronse a outras linguas do mundo. A maioría destes préstamos son conceptos indíxenas do centro de México, que os españois escoitaron mencionar por primeira vez polos seus nomes náhuatl. O galego tamén absorbeu palabras de orixe náhuatl, incluíndo aguacate, caiota, chile, chipotle, chocolate, atlatl, coiote, peiote, axolote e tomate. Estas, e outras moitas palabras, foron adoptadas en ducias de linguas en todo o mundo.[18][19] Os nomes de varios países, México, Guatemala e Nicaragua, derivan do náhuatl.[20][21][22]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Linguas nahuas.
Árbore xenealóxica do náhuatl
Árbore xenealóxica das relacións entre as linguas nahuas e o resto de linguas uto-aztecas, basándose na clasificación ofrecida por Terrence.Kaufman (2001)

Como etiqueta lingüística, o termo náhuatl abrangue un grupo de linguas estreitamente relacionadas ou dialectos diverxentes dentro da póla nahua da familia de linguas uto-aztecas. O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas mexicano recoñece 30 variedades individuais dentro do "grupo lingüístico" denominado náhuatl. Ethnologue recoñece 28 variedades con códigos ISO separados. Ás veces, o termo náhuatl tamén se aplica á lingua pipil (nawat) do Salvador e Nicaragua. Independentemente da consideración do náhuatl como un continuo dialectal ou un grupo de linguas separadas, as variedades forman unha única rama dentro da familia uto-azteca, descendente dunha única lingua protonahua. Dentro de México, a cuestión de considerar as variedades individuais como linguas ou dialectos dunha única lingua é moi política.[23]

No pasado, a rama da familia uto-azteca á que pertence o náhuatl chamábase azteca. A partir da década de 1990, a designación alternativa nahua utilizouse con frecuencia no seu canto, especialmente nas publicacións en lingua castelá. Está amplamente aceptado que a póla nahua (azteca) das linguas uto-aztecas ten dúas divisións: azteca xeral e pochuteca.[24]

O azteca xeral engloba as linguas náhuatl e o pipil.[cn 3] O pochuteca é unha lingua pouco testemuñada, que se extinguiu no século XX,[25][26] e que Campbell e Langacker clasifican como fóra do azteca xeral. Outros investigadores argumentaron que o pochuteca debería considerarse unha variante diverxente da periferia occidental.[27]

O termo náhuatl refírese cando menos ao náhuatl clásico, xunto coas linguas modernas relacionadas que se falan en México. A inclusión do pipil neste grupo é obxecto de debate entre os lingüistas. Lyle Campbell (1997) clasifica o pipil como unha lingua separada do grupo náhuatl dentro do grupo azteca, mentres que dialectólogos como Una Canger, Karen Dakin, Yolanda Lastra e Terrence Kaufman preferiron incluír o pipil dentro da póla azteca xeral, citando estreitos lazos históricos cos dialectos periféricos orientais do azteca xeral.[28]

A subclasificación actual do náhuatl baséase na investigación realizada por Canger (1980), Canger (1988) e Lastra de Suárez (1986). Canger introduciu o esquema dunha agrupación central e dous grupos periféricos, e Lastra confirmou esta noción, diferenciándose nalgúns detalles. Canger & Dakin (1985) demostrou unha división básica entre as pólas orientais e occidentais das linguas nahuas, considerada como a división máis antiga da comunidade de fala protonahua. Canger considerou orixinalmente que a área dialectal central era unha subárea innovadora dentro da póla occidental, mais en 2011, suxeriu que xurdiu como unha lingua koiné urbana con características tanto das áreas dialectais occidentais como orientais. Canger (1988) incluíu provisionalmente os dialectos da Huasteca no grupo central, mentres que Lastra de Suárez (1986) sitúaos na periferia oriental, o cal foi apoiado por Kaufman (2001).

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

A terminoloxía utilizada para describir as variedades da lingua aplícase de maneira inconsistente. Úsanse moitos termos con múltiples denotacións, ou unha soa agrupación de dialectos é identificada con varios nomes. Ás veces, as palabras máis antigas substituénse por outras novas, ou co propio nome dos falantes para a súa variedade específica. A palabra "náhualt" é, en si mesma, unha palabra náhuatl, probablemente derivada de nāhuatlahtōlli [naːwat͡ɬaʔˈtoːliˀ], que significa "son agradable".[10] Os lingüistas adoitan identificar os dialectos locais do idioma engadindo como cualificativo o nome da rexión onde se fala esa variedade. A lingua chamábase antigamente azteca porque era falada polos pobos do centro mexicano coñecidos como aztecas (pronunciación náhuatl: [asˈteːkaḁ]). Durante o período do Imperio Azteca centrado en México-Tenochtitlán, a lingua pasou a identificarse coa lingua politicamente dominante dos mēxihcah [meːˈʃiʔkaḁ] e, en consecuencia, a lingua náhuatl foi descrita a miúdo como mēxihcacopa [meːʃiʔkaˈkopaˀ] (literalmente 'ao xeito dos mexicas')[29] ou mēxihcatlahtolli 'lingua mexica'. No presente, o termo azteca úsase raramente para as linguas nahuas modernas, pero o nome tradicional azteca dos lingüistas para a póla da familia uto-azteca que comprende o náhuatl, o pipil e o pochuteca aínda está en uso (aínda que algúns dos lingüistas prefiren o termo nahua). Dende 1978, os lingüistas adoptaron o termo azteca xeral para referirse ás linguas da póla azteca excluíndo a lingua pochuteca.[30]

Os propios falantes de náhuatl adoitan referirse á súa lingua como mexicano[31] ou algunha palabra derivada de mācēhualli, a palabra náhuatl para "plebeo". Un exemplo disto é o náhuatl que se fala en Tetelcingo, Morelos, cuxos falantes chaman á súa lingua mösiehuali.[32] O pobo pipil do Salvador non chaman á súa lingua pipil, como si fan os lingüistas, senón nāwat.[33] Os nahuas de Durango chaman á súa lingua mexicanero.[34] Os falantes do náhuatl do Istmo de Tehuantepec chaman á súa lingua mela'tajtol ('a lingua recta').[35] Algunhas comunidades lingüísticas usan o termo náhuatl como nome da súa lingua, aínda que parece ser unha innovación recente. Os lingüistas adoitan identificar os dialectos localizados do náhuatl engadindo como cualificativo o nome da aldea ou zona onde se fala esa variedade.[36]

Artigo principal: Historia da lingua náhuatl.

Período precolombiano

[editar | editar a fonte]

Sobre a cuestión da orixe xeográfica, o consenso dos lingüistas durante o século XX foi que a familia lingüística uto-azteca se orixinou no suroeste do que hoxe son os Estados Unidos.[37] A evidencia da arqueoloxía e a etnohistoria apoia a tese dunha difusión cara ao sur polo continente norteamericano, en concreto a teoría de que os falantes das primeiras linguas nahuas migraron dende Aridoamérica ao centro de México en varias ondas. Porén, esta teoría tradicional foi cuestionada por Jane H. Hill, que propón en troques que a familia de linguas uto-aztecas se orixinou no centro de México e se estendeu cara ao norte moi cedo.[38] Esta hipótese e as análises de datos nos que se apoia recibiron grandes críticas.[39][40]

A proposta da migración dos falantes da lingua protonahua á rexión mesoamericana situouse nalgún momento arredor do ano 500 d. C., cara ao final do período clásico temperán na cronoloxía de Mesoamérica.[41][42][43] Antes de chegar á meseta mexicana, os grupos prenahuas probablemente pasaron un período en contacto coas linguas corachol (cora e huichol) do noroeste de México (que tamén son uto-aztecas).[44]

O principal centro político e cultural de Mesoamérica no período Clásico temperán foi Teotihuacán. A identidade da(s) lingua(s) falada(s) polos fundadores de Teotihuacán foi debatida durante moito tempo, sendo a relación do náhuatl con Teotihuacan un lugar destacado nesa investigación.[45] Mentres que nos séculos XIX e comezos do XX se presumía que Teotihuacán fora fundada por falantes de náhuatl, as investigacións lingüísticas e arqueolóxicas posteriores tenden a desmentir esta visión. Pola contra, o momento do influxo náhuatl crese que cadrou máis coa caída de Teotihuacán ca co seu ascenso, e outros candidatos como as linguas totonacas identificáronse como máis probables.[46] Porén, a evidencia máis recente da epigrafía maia de posibles préstamos náhuatl en linguas maias interpretouse como unha proba de que outras linguas mesoamericanas puideron estar tomando palabras prestadas do protonahua (ou dos seus primeiros descendentes) significativamente antes do que se pensaba, reforzando o posibilidade dunha importante presenza náhuatl en Teotihuacán.[47]

En Mesoamérica as linguas maias, otomangueanas e mixezoqueanas coexistiron durante milenios. Isto deu lugar á área lingüística mesoamericana (área lingüística refírese a un conxunto de trazos lingüísticos que se fixeron comúns entre as linguas da zona por difusión e non por evolución dentro dun conxunto de linguas pertencentes a unha xenética común). Despois de que os nahuas migrasen á zona cultural mesoamericana, a súa lingua tamén adoptou algúns dos trazos que definen a área lingüística mesoamericana.[48] Exemplos de tales trazos adoptados son o uso de substantivos relacionais, a aparición de calcos léxicos, ou traducións de préstamo, e unha forma de construción posesiva típica das linguas mesoamericanas.

Unha lingua que foi o devanceiro do pochuteca separouse do protonahua (ou protoazteca) posiblemente xa no ano 400 d. C., chegando a Mesoamérica uns séculos antes que a maioría dos falantes de linguas nahuas.[12] Algúns grupos nahuas emigraron cara ao sur ao longo do istmo centroamericano, chegando ata Nicaragua. A lingua pipil do Salvador, en perigo crítico de extinción, é o único descendente vivo da variedade de náhuatl que se falaba no sur do México actual.[49]

A partir do século VII, os falantes nahuas subiron ao poder no centro de México. Pénsase que a xente da cultura tolteca de Tula, que estivo activa no centro de México ao redor do século X, eran falantes de náhuatl. No século XI, os falantes de náhuatl eran dominantes no val de México e moito máis aló, con asentamentos como Azcapotzalco, Colhuacan e Cholula. As migracións nahuas cara á rexión dende o norte continuaron no período Posclásico. Unha das últimas migracións en chegar ao val de México instalouse nunha illa do lago de Texcoco e procedeu a someter as tribos circundantes. Este grupo eran os mexicas, que ao longo dos seguintes tres séculos fundaron un imperio chamado Tenochtitlán. A súa influencia política e lingüística chegou a estenderse a América Central e o náhuatl converteuse nunha lingua franca entre os comerciantes e as elites de Mesoamérica, por exemplo, entre o pobo maia kʼicheʼ.[50] A medida que Tenochtitlán medraba ata converterse no centro urbano máis grande de Centroamérica e un dos máis grandes do mundo daquela,[51] atraeu falantes de náhuatl de diversas zonas dando lugar a unha forma urbana de náhuatl con trazos de moitos dialectos. Esta variedade urbana falada en Tenochtitlán é a que se coñeceu como náhuatl clásico tal e como se documenta na época colonial.[52]

Período colonial

[editar | editar a fonte]

Coa chegada do españois en 1519, o náhuatl foi desprazado como lingua rexional dominante, mais seguiu sendo importante nas comunidades nahuas baixo o dominio español. Existe unha ampla documentación da época colonial en náhuatl para Tlaxcala, Cuernavaca, Culhuacan, Coyoacán, Toluca e outros lugares do val de México. A partir da década de 1970, os estudosos da etnohistoria mesoamericana analizaron textos a nivel local en náhuatl e noutras linguas indíxenas para coñecer a mudanza cultural na época colonial a través dos cambios lingüísticos, coñecidos no presente como Nova filoloxía.[53] Varios destes textos foron traducidos e publicados en parte ou na súa totalidade. Entre os documentos desta época hai censos, especialmente un conxunto moi temperán da rexión de Cuernavaca,[54][55] rexistros do concello de Tlaxcala[56] e testamentos de individuos nahuas.[57]

Xa que os españois fixeron alianzas primeiro cos falantes de náhuatl de Tlaxcala e máis tarde cos mexicas conquistados de Tenochtitlán (aztecas), o náhuatl continuou estendéndose por Mesoamérica nas décadas posteriores á conquista. As expedicións españolas con milleiros de soldados nahuas marcharon cara ao norte e ao sur para conquistar novos territorios. As misións da Compañía de Xesús no norte de México e no suroeste dos Estados Unidos incluían a miúdo un barrio de soldados tlaxcaltecas que quedaban para gardar a misión.[58] Por exemplo, uns catorce anos despois de que a cidade nordeste de Saltillo fose fundada en 1577, unha comunidade tlaxcalteca foi reasentada nunha aldea próxima, San Esteban de Nueva Tlaxcala, para cultivar a terra e axudar aos esforzos de colonización, que se paralizara ante a hostilidade local ao asentamento español.[59] En canto á conquista da actual Centroamérica, Pedro de Alvarado conquistou Guatemala coa axuda de ducias de milleiros de aliados tlaxcaltecas, que se instalaron fóra da actual Antiga Guatemala.[60]

Páxina do Libro IV do Códice Florentino. O texto está en náhuatl escrito en alfabeto latino.

Como parte dos seus esforzos misioneiros, os membros de varias ordes relixiosas (principalmente frades e xesuítas franciscanos e dominicos) introduciron o alfabeto latino aos nahuas. Nos primeiros vinte anos despois da chegada dos españois, elaboraron textos en lingua náhuatl escritos con caracteres latinos.[61] Simultaneamente fundáronse escolas, como o Colexio de Santa Cruz de Tlatelolco en 1536, que ensinaba linguas tanto indíxenas como clásicas europeas aos nativos americanos e aos sacerdotes. Os gramáticos misioneiros emprenderon a escritura de gramáticas, tamén chamadas artes, de linguas indíxenas para uso dos sacerdotes. A primeira gramática náhuatl, escrita por Andrés de Olmos, publicouse en 1547, tres anos antes da primeira gramática francesa. En 1645, xa foran publicadas catro máis, escritas respectivamente por Alonso de Molina (1571), Antonio del Rincón (1595),[62] Diego de Galdo Guzmán (1642) e Horacio Carochi (1645).[63] A de Carochi é hoxe considerada a máis importante das gramáticas do náhuatl da época colonial.[64] Carochi é particularmente importante para os estudosos que traballan na Nova Filoloxía, de tal xeito que hai unha tradución ao inglés de 2001 da gramática de Carochi de 1645 por James Lockhart.[65] A través do contacto co castelán, a lingua náhuatl adoptou moitas palabras de préstamo e, a medida que se intensificou o bilingüismo, sucedéronse cambios na estrutura gramatical do náhuatl.[66]

Texto sobre a lingua de Frei José de Carranza, da segunda metade do século XVIII (faga clic na imaxe para ler o texto completo).

En 1570, o rei Filipe II de España decretou que o náhuatl se convertese na lingua oficial das colonias de Nova España para facilitar a comunicación entre os españois e os nativos das colonias.[67] Isto levou a que os misioneiros españois ensinasen náhuatl aos amerindios que vivían ao sur de Honduras e O Salvador. Durante os séculos XVI e XVII utilizouse o náhuatl clásico como lingua literaria, e hoxe existe un amplo corpus de textos daquel período. Inclúen historias, crónicas, poesía, obras teatrais, obras canónicas cristiás, descricións etnográficas e documentos administrativos. Os españois permitiron unha grande autonomía na administración local das cidades indíxenas durante este período, e en moitas cidades de fala náhuatl a lingua era empregada de facto tanto na escrita como na fala. Durante este período compuxéronse unha gran cantidade de obras literarias en náhuatl, incluíndo o Códice Florentino, un compendio de doce volumes da cultura azteca compilados polo franciscano Bernardino de Sahagún; a Crónica Mexicayotl, unha crónica da estirpe real de Tenochtitlán de Fernando Alvarado Tezozómoc; Cantares Mexicanos, unha colección de cancións en náhuatl; un dicionario náhuatl-castelán/castelán-náhuatl elaborado por Alonso de Molina; e a Huei tlamahuiçoltica, unha descrición en náhuatl da aparición da Nosa Señora de Guadalupe.[68]

As gramáticas e os dicionarios das linguas indíxenas compuxéronse ao longo do período colonial, mais a súa calidade foi superior no período inicial.[69] Os frades descubriron que aprender todas as linguas indíxenas era imposible na práctica, polo que se concentraron no náhuatl. Durante un tempo, a situación lingüística en Mesoamérica mantívose relativamente estable, pero en 1696, Carlos II de España emitiu un decreto que prohibía o uso de calquera lingua que non fose o castelán en todo o Imperio Español. En 1770, outro decreto que pedía a eliminación das linguas indíxenas eliminou o náhuatl clásico como lingua literaria.[67] Ata a Independencia de México en 1821, os tribunais españois admitían o testemuño e a documentación náhuatl como proba nos procesos xudiciais, habendo tradutores xudiciais que o traducían en castelán.[70]

Período moderno

[editar | editar a fonte]

Ao longo do período moderno a situación das linguas indíxenas empeorou en México, e o número de falantes de practicamente todas as linguas indíxenas diminuíu. Aínda que o número absoluto de falantes de náhuatl aumentou durante o século pasado, as poboacións indíxenas foron cada vez máis marxinadas na sociedade mexicana. En 1895, o náhuatl era falado por máis do 5% da poboación do país. No ano 2000, esta proporción caeu ata o 1,49%. Por mor do proceso de marxinación e a tendencia de migración cara ás áreas urbanas e aos Estados Unidos, algúns lingüistas advertiron da súa inminente morte lingüística.[71] No presente, o náhuatl é falado principalmente nas zonas rurais por unha clase empobrecida indíxena de agricultores de subsistencia. Segundo o Instituto Nacional de Estatística Mexicano, INEGI, o 51% dos falantes de náhuatl traballan no sector agrícola e 6 de cada 10 non reciben nin sequera o salario mínimo.[72]

Dende comezos do século XX, ata polo menos mediados dos 80, as políticas educativas en México centráronse na castelanización das comunidades indíxenas, ensinando só castelán e desalentando o uso das linguas indíxenas.[73] Como resultado, hoxe en día non hai ningún grupo de falantes de náhuatl que teña alcanzado a alfabetización xeral en náhuatl,[74] mentres que a súa taxa de alfabetización en castelán tamén segue sendo moi inferior á media nacional.[75] Aínda así, o náhuatl aínda é falado por máis dun millón de persoas, das cales ao redor do 10% son monolingües. A supervivencia do náhuatl no seu conxunto non está en perigo inminente, pero si a pervivencia de certos dialectos, e algúns xa se extinguiron nas últimas décadas do século XX.[76]

A década de 1990 viu o comezo dun cambio radical nas políticas oficiais do goberno mexicano cara aos dereitos lingüísticos dos indíxenas. A evolución dos acordos no eido dos dereitos internacionais[cn 4] combinadas con presións domésticas (como a axitación social e política do Exército Zapatista de Liberación Nacional e os movementos sociais indíxenas) levaron a reformas lexislativas e á creación de axencias gobernamentais descentralizadas como a Instituto Nacional dos Pobos Indíxenas (CDI) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) con responsabilidades de promoción e protección das comunidades e linguas indíxenas.[77]

En particular, a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, promulgada o 13 de marzo de 2003, recoñece todas as linguas indíxenas do país, incluído o náhuatl, como linguas nacionais e outorga aos indíxenas o dereito de usalas en todos os eidos da vida pública e privada. No artigo 11, concede o acceso á educación bilingüe e intercultural obrigatoria.[78] Porén, o progreso cara á institucionalización do náhuatl e á garantía dos dereitos lingüísticos dos seus falantes é lento.[66]

Demografía e distribución

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Linguas nahuas e Pobo náhuatl.
Falantes de náhuatl maiores de 5 anos nos dez estados con máis falantes (datos do censo de 2000). Números absolutos e relativos. As porcentaxes indicadas son en comparanza coa poboación total do estado correspondente.INEGI (2005:4)
Rexión Total Porcentaxe
Distrito Federal 37.450 0,44%
Guerrero 136.681 4,44%
Hidalgo 221.684 9,92%
Estado de México 55.802 0,43%
Morelos 18.656 1,20%
Oaxaca 10.979 0,32%
Puebla 416.968 8,21%
San Luis Potosí 138.523 6,02%
Tlaxcala 23.737 2,47%
Veracruz 338.324 4,90%
Resto de Mexico 50.132 0,10%
Total: 1.448.937 1,49%
Mapa que amosa as zonas de México onde hoxe se fala náhuatl.

Hoxe fálase todo un espectro de linguas nahuas en áreas dispersas que se estenden dende o estado norteño de Durango ata Tabasco no sueste. O pipil,[33] a máis meridional das linguas nahuas, é falada no Salvador por un pequeno número de persoas. Segundo IRIN-International, a iniciativa de recuperación da lingua nawat, non hai cifras fiables sobre o número contemporáneo de falantes de pipil. Os números poden variar entre "quizais uns centos de persoas, ou quizais só unhas ducias".[79]

Segundo o censo de 2000 do INEGI, o náhuatl é falado por uns 1,45 millóns de persoas, e unhas 198.000 (o 14,9%) delas son monolingües.[80] Hai moitas máis mulleres ca homes monolingües, e as mulleres representan case dous terzos do número total. Os estados de Guerrero e Hidalgo teñen as taxas máis altas de falantes monolingües de náhuatl en relación ao total da poboación que fala náhuatl, cun 24,2% e 22,6%, respectivamente. Na maioría dos outros estados, a porcentaxe de monolingües entre os falantes é inferior ao 5%. Isto significa que na maioría dos estados máis do 95% da poboación que fala náhuatl é bilingüe en castelán.[81] Segundo un estudo, a frecuencia coa que se usa o náhuatl está ligada ao benestar da comunidade, en parte porque está ligada a emocións positivas.[82]

As maiores concentracións de falantes de náhuatl atópanse nos estados de Puebla, Veracruz, Hidalgo, San Luis Potosí e Guerrero. Tamén existen poboacións significativas no Estado de México, Morelos e o Distrito Federal, con comunidades máis pequenas en Michoacán e Durango. O náhuatl extinguiuse nos estados de Xalisco e Colima durante o século XX. Como resultado da migración interna no país, existen comunidades de fala náhuatl en todos os estados de México. A migración moderna de traballadores e familias mexicanas aos Estados Unidos deu lugar ao estabelecemento dunhas pequenas comunidades de fala náhuatl nos Estados Unidos, especialmente en California, Nova York, Texas, Novo México e Arizona.[83]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

As linguas nahuas defínense como un subgrupo da familia uto-azteca que sufriu unha serie de cambios compartidos dende a protolingua uto-azteca. A seguinte táboa amosa o inventario fonémico do náhuatl clásico como exemplo dunha lingua nahua típica. Nalgúns dialectos, o fonema /t͡ɬ/, que era común no náhuatl clásico, mudou a /t/, como no náhuatl do Istmo, no mexicanero e no pipil, ou a /l/, como no náhuatl de Michoacán.[84] Moitos dialectos xa non distinguen entre vogais curtas e longas. Algúns introduciron calidades vocálicas completamente novas para compensar, como é o caso do náhuatl de Tetelcingo.[32] Outros desenvolveron un acento tonal, como o náhuatl de Oapan, Guerrero.[85] Moitos dialectos modernos tamén tomaron prestados fonemas do castelán, como /β, d, ɡ, ɸ/.[86]

  • * O fonema glotal, chamado saltillo, aparece só despois das vogais. En moitos dialectos modernos realízase como [h], pero noutros, como no náhuatl clásico, é unha parada glotal [ʔ].[87]

En moitos dialectos náhuatl o contraste da lonxitude das vogais é vago, e noutros perdeuse por completo. O dialecto de Tetelcingo (nhg) desenvolveu a lonxitude da vogal nunha diferenza de calidade:[88]

Vogais longas Vogais curtas
Náhuatl clásico /iː/ /eː/ /aː/ /oː/ /i/ /e/ /a/ /o/
Náhuatl de Tetelcingo /i/ /i̯e/ /ɔ/ /u/ /ɪ/ /e/ /a/ /o/

Alofonía

[editar | editar a fonte]

A maioría das variedades teñen patróns relativamente sinxelos de alternancia sonora (alofonía). En moitos dialectos, as consoantes sonoras enxordecen en posición final de palabra e en grupos consonánticos: /j/ enxordece unha sibilante palato-alveolar /ʃ/,[89] /w/ enxordece fricativa glotal [h] ou unha aproximante velar labializada [ʍ], e /l/ enxordece unha fricativa [ɬ]. Nalgúns dialectos, a primeira consoante en case calquera grupo consonántico convértese en [h]. Algúns dialectos teñen unha lenición produtiva de consoantes xordas nas súas contrapartes sonoras entre as vogais. As nasais son asimiladas normalmente ao lugar de articulación da consoante seguinte. A africada lateral alveolar xorda [t͡ɬ] asimílase despois de /l/ e pronúnciase [l].[90]

Fonotáctica

[editar | editar a fonte]

O náhuatl clásico e a maioría das variedades modernas teñen sistemas fonolóxicos bastante sinxelos. Só permite sílabas cunha consoante inicial e unha final como máximo.[91] Os grupos consonánticos ocorren só na metade da palabra e sobre os límites das sílabas. Algúns morfemas teñen dúas formas alternas: unha cunha vogal i para evitar agrupacións consonánticas e outra sen ela. Por exemplo, o sufixo absoluto ten as formas -tli (usada despois das consoantes) e -tl ​​(usada despois das vogais).[92] Porén, algunhas variedades modernas formaron grupos complexos a partir da perda de vogais. Outros teñen secuencias de sílabas contraídas, facendo que os acentos cambien ou que as vogais se fagan longas.[cn 5]

Acento prosódico

[editar | editar a fonte]

A maioría dos dialectos náhuatl teñen énfase na penúltima sílaba dunha palabra. En mexicanero de Durango, moitas sílabas átonas desapareceron das palabras, e a colocación do acento silábico volveuse fonémico.[93]

Morfoloxía e sintaxe

[editar | editar a fonte]

As linguas náhuatl son linguas aglutinantes e polisintéticas que fan un uso extensivo de composición, incorporación e derivación. É dicir, poden engadir moitos prefixos e sufixos diferentes a unha raíz ata formar palabras moi longas, e unha soa palabra pode constituír unha frase enteira.[94]

O seguinte verbo amosa como un verbo está marcado polo suxeito, paciente, obxecto e obxecto indirecto:

ni- mits- teː- tla- makiː -lti -s
Eu- ti- alguén- algo- dar -CAUS -FUT
"Vou facer que alguén che dea algo"[cn 6] (náhuatl clásico)

Substantivos

[editar | editar a fonte]

O substantivo náhuatl ten unha estrutura relativamente complexa. As únicas flexións obrigatorias son para o número (singular e plural) e posesión (se o substantivo está en posesión, como indica un prefixo que significa 'meu', 'teu', etc.). O náhuatl non ten nin caso nin xénero, pero o náhuatl clásico e algúns dialectos modernos distinguen entre os substantivos animados e inanimados. No náhuatl clásico a distinción de animación manifestábase con respecto á pluralización, xa que só os substantivos animados podían adoptar unha forma plural, e todos os substantivos inanimados eran incontables. Agora ben, moitos falantes non manteñen esta distinción e todos os substantivos poden ter a flexión do plural.[95] Un dialecto, o da huasteca oriental, distingue entre dous sufixos plurais diferentes para substantivos animados e inanimados.[96]

Na maioría das variedades de náhuatl, os substantivos na forma singular sen posesión xeralmente levan un sufixo absoluto. As formas máis comúns do absoluto son -tl ​​despois das vogais, -tli despois de consoantes distintas de l e -li despois de l. Os substantivos que levan plural adoitan formar o plural engadindo un dos sufixos absolutos do plural -tin ou -meh, pero algunhas formas do plural son irregulares ou están formadas por reduplicación. Algúns substantivos teñen formas plurais en competencia.[97]

Substantivo singular:

kojo -tl
coiote -ABS
"coiote" (náhuatl clásico)

Substantivo plural:

kojo -meʔ
coiote -PL
"coiotes" (náhuatl clásico)

Substantivo animado plural con reduplicación:

/koː~kojo-ʔ/
PL~coiote-PL
"coiotes" (náhuatl clásico)

O náhuatl distingue entre as formas posuídas e non posuídas dos substantivos. O sufixo absoluto non se usa nos substantivos posuídos. En todos os dialectos, os substantivos posuídos levan un prefixo acorde co número e a persoa do seu posuidor. Os substantivos en plural posuídos levan a terminación -/waːn/.[98]

Substantivo absoluto:

kal -li
casa -ABS
"casa" (náhuatl clásico)

Substantivo posuído:

no- kal
a miña- casa
"a miña casa" (náhuatl clásico)

Plural posuído:

no- kal -waːn
a miña- casa -PL
"as miñas casa" (náhuatl clásico)

O náhuatl non ten caso gramatical pero usa o que ás veces se chama substantivo relacional para describir relacións espaciais (e outras). Estes morfemas non poden aparecer sós senón que deben aparecer despois dun substantivo ou dun prefixo posesivo. Tamén se lles chama a miúdo posposicións[99] ou sufixos locativos.[100] En certo modo, estas construcións locativas semellan e pódense pensar como construcións de casos locativos. A maioría dos dialectos modernos incorporaron preposicións do español que compiten ou que substituíron completamente os substantivos relacionais.[101]

Usos do substantivo relacional/posposición/locativo -pan cun prefixo posesivo:

no-pan
meu-en/en
"en min" (náhuatl clásico)
iː-pan
o seu-en
"nel" (náhuatl clásico)
iː-pan kal-li
o seu-na casa-ABS
"na casa" (náhuatl clásico)

Utilízase cunha raíz nominal anterior:

kal-pan
casa-en
"na casa" (náhuatl clásico)

Os substantivos compostos fórmanse polo xeral coa combinación de dúas ou máis raíces nominais ou combinando unha raíz nominal cunha raíz adxectiva ou verbal.[102]

O náhuatl xeralmente distingue tres persoas, tanto en singular como en plural. Cando menos nun dialecto moderno, a variedade do Istmo-Mecayapan, chegou a haber unha distinción entre a forma inclusiva (eu/nós e ti) e exclusiva (nós pero non ti) da primeira persoa do plural:[35]

Pronome de primeira persoa do plural en náhuatl clásico:

  • tewaːntin "nós"

Pronomes de primeira persoa do plural en náhuatl do Istmo-Mecayapan:

  • nejamēn ([nehameːn]) "Nós, mais non ti" (= eu & eles)
  • tejamēn ([tehameːn]) "Nós e mais ti" (= eu & ti & eles)[103]

Moito máis común é unha distinción honorífica/non honorífica, xeralmente aplicada ás segundas e terceiras persoas, pero non á primeira.

Formas non honoríficas:

  • ˈtewaːtl "ti"
  • ameˈwaːnt͡sin "ti"
  • ˈyewatl "el/ela"

Formas honoríficas:

  • teˈwaːt͡sin "ti sg. honorífico"
  • amewaːnˈt͡sit͡sin "vós honorífico"
  • yeˈwaːt͡sin "el/ela honorífico"

O náhuatl ten un sistema de numeración vixesimal (baseado no número 20). Os valores base son cempoalli (1 × 20), centzontli (1 × 400), cenxiquipilli (1 × 8.000), cempoalxiquipilli (1 × 20 × 8,000 = 160.000), centzonxiquipilli (1 × 400 × 8.000 = 3.200.000) e cempoaltzonxiquipilli (1 × 20 × 400 × 8.000 = 64.000.000). O prefixo ce(n/m)ao principio quere dicir 'un' e substitúese polo número correspondente para obter os nomes doutros múltiplos da potencia. Por exemplo, ome (2) × poalli (20) = ompoalli (40), ome (2) × tzontli (400) = ontzontli (800). O sufixo -li en poalli (e xiquipilli) e o sufixo -tli en tzontli son sufixos nominais gramaticais que se engaden só ao final da palabra; desta maneira, poalli, tzontli e xiquipilli van xuntos como poaltzonxiquipilli.

O verbo náhuatl é bastante complexo e flexiona para moitas categorías gramaticais. O verbo componse dunha raíz, prefixos e sufixos. Os prefixos indican a persoa do suxeito, e a persoa e o número do obxecto e do obxecto indirecto, mentres que os sufixos indican o tempo, aspecto, modo e número do suxeito.[104]

A maioría dos dialectos náhuatl distinguen tres tempos: presente, pasado e futuro, e dous aspectos: perfecto e imperfecto. Algunhas variedades engaden aspectos progresivos ou habituais. Moitos dialectos distinguen polo menos os modos indicativo e imperativo, e algúns tamén teñen optativo e modos vetativos/prohibitivos.

A maioría das variedades náhuatl teñen varias formas de alterar a valencia dun verbo. O náhuatl clásico tiña unha voz pasiva (tamén definida ás veces como unha voz impersoal,[105]) mais isto non ocorre na maioría das variedades modernas. Porfén, as voces aplicativa e causativa están presentes e en moitos dialectos modernos.[106] Moitas variedades náhuatl tamén permiten formar compostos verbais con dúas ou máis raíces verbais.[107]

A seguinte forma verbal ten dúas raíces verbais e está flexionada para a voz causante e cun obxecto directo e indirecto:

ni- kin- tla- kwa- ltiː- s- neki
Eu- eles- algo- comer- CAUS- FUT- querer
"Quero alimentalos" (náhuatl clásico)

Algunhas variedades de náhuatl, en particular o náhuatl clásico, poden flexionar o verbo para mostrar a dirección da acción verbal que se afasta ou se achega ao falante. Algúns tamén teñen categorías flexivas específicas que amosan o propósito e a dirección e nocións tan complexas como "ir para" ou "vir para", "ir, facer e volver", "facer mentres vai", "facer mentres chega", "facer ao chegar" ou "ir facendo".[107][108]

O náhuatl clásico e moitos dialectos modernos teñen formas gramaticalizadas para expresar cortesía cara aos destinatarios ou mesmo cara ás persoas ou cousas que se están mencionando, mediante o uso de formas verbais especiais e "sufixos honoríficos".[109]

Forma verbal familiar:

ti-mo-tlaːlo-a
ti-ti mesmo-correr-PRS
"corre" (náhuatl clásico)

Forma verbal honorífica:

ti-mo-tlaːlo-tsino-a
ti-ti mesmo-correr-HON-PRS
"corre" (dito con respecto) (náhuatl clásico)

Reduplicación

[editar | editar a fonte]

Moitas variedades de náhuatl teñen reduplicación produtiva. Ao reduplicar a primeira sílaba dunha raíz fórmase unha nova palabra. Nos substantivos isto úsase a miúdo para formar plurais, p. ex. /tlaːkatl/ 'home' → /tlaːtlaːkah/ 'homes', pero tamén nalgunhas variedades para formar diminutivos, honoríficos ou para derivacións.[110] Nos verbos, a reduplicación úsase a miúdo para formar un significado iterativo (é dicir, expresar repetición), por exemplo en náhuatl de Texcoco:

  • /wetsi/ 'el/ela cae'
  • /we:-wetsi/ 'el/ela cae varias veces'
  • /weʔ-wetsi-ʔ/ 'eles caen (moitas persoas)'[111]

Algúns lingüistas argumentaron que o náhuatl mostra as propiedades dunha lingua non configuracional, o que significa que a orde das palabras en náhuatl é basicamente libre.[112][113] O náhuatl permite todas as posibles ordenacións dos tres elementos básicos da oración. É prolificamente unha lingua pro-drop: permite frases con omisión de todas as frases nominais ou pronomes independentes, non só de frases nominais ou pronomes cuxa función é o suxeito oración. Na maioría das variedades os pronomes independentes úsanse só para salientar. Permite certos tipos de expresións sintacticamente descontinuas.[113]

Michel Launey argumenta que o náhuatl clásico tiña unha orde de palabras básica cun verbo inicial e unha ampla liberdade de variación, que logo se usaba para codificar funcións pragmáticas como foco e tema.[114] Argumentouse o mesmo para algunhas variedades contemporáneas.[113]

newal no-nobia
Eu a miña-prometida
"A miña prometida" (e de ningúen máis) (náhuatl de Michoacán)[115]

De acordo co lingüista Michel Launey, a sintaxe do náhuatl clásico caracterízase sobre todo pola "omnipredicatividade", o que significa que calquera substantivo ou verbo da lingua é de feito unha oración predicativa completa.[116] Esta visión, que é unha interpretación radical da tipoloxía sintáctica náhuatl, parece explicar algunhas das peculiaridades da lingua, por exemplo, por que os substantivos tamén deben levar os mesmos prefixos de concordancia ca os verbos e por que os predicados non requiren sintagmas nominais para funcionar como argumentos. Por exemplo, a forma verbal tzahtzi quere dicir 'el/ela berra', e co prefixo de segunda persoa titzahtzi significa 'ti berras'. Os substantivos flexionan do mesmo xeito: o substantivo conētl non só significa 'neno', senón tamén 'é un neno', e ticonētl significa 'ti es un neno'. Isto dá lugar á interpretación omnipredicativa, que postula que todos os substantivos tamén son predicados. Segundo esta interpretación, unha frase como tzahtzi en conētl non debería interpretarse só como "o neno berra", senón que "berra, (aquel que) é un neno".[117]

Fenómenos do contacto

[editar | editar a fonte]

Case 500 anos de intenso contacto entre falantes de náhuatl e castelán, combinados coas condicións lingua minorizada (náhuatl) e lingua de maior prestixio asociado (castelán), provocaron moitos cambios nas variedades modernas do náhuatl, con gran cantidade de palabras tomadas do castelán, e a introdución de novas construcións sintácticas e categorías gramaticais.[118]

Por exemplo, unha construción como a seguinte, con varias palabras e partículas prestadas, é común en moitas variedades modernas (os préstamos en castelán en letra grosa):

pero āmo tēchentenderoa lo que tlen tictoah en mexicano.[cn 7]
pero non eles-nós-entender-PL iso que o que nós-iso-dicir en náhuatl
"Pero non entenden o que dicimos en náhuatl" (náhuatl de Malinche)[119]

Nalgúns dialectos modernos a orde básica das palabras é suxeito verbo obxecto, probablemente baixo a influencia do castelán.[120] Outros cambios na sintaxe do náhuatl moderno inclúen o uso de preposicións castelás no canto de posposicións nativas ou substantivos relacionais, e a reinterpretación de posposicións orixinais/substantivos relacionais en preposicións.[86][118][121] No seguinte exemplo, en náhuatl de Michoacán, a posposición -ka que quere dicir 'con', aparece como preposición, sen obxecto anterior:

ti-ya ti-k-wika ka tel
ti-ir ti-iso-levar contigo
"valo levar contigo?" (náhuatl de Michoacán)[115]

Neste exemplo en náhuatl mexicanero de Durango, a posposición orixinal/substantivo relacional -pin 'en' úsase como preposición. Ademais, porque, unha conxunción tomada do castelán, aparece na oración.

amo wel kalaki-yá pin kal porke ʣakwa-tiká im pwerta
non poder el-entrar-PAST na casa porque iso-pechado-estaba a porta
"Non puido entrar na casa porque a porta estaba pechada" (náhuatl mexicanero)[122]

Moitos dialectos tamén sufriron un certo grao de simplificación da súa morfoloxía que fixo que algúns estudosos considerasen que deixaron de ser polisintéticos.[123]

Vocabulario

[editar | editar a fonte]
Os aztecas chamaban aos tomates vermellos xitōmatl, mentres que os verdes se chamaban tōmatl; esta última palabra é a fonte da palabra galega tomate.

Moitas palabras náhuatl foron tomadas polo castelán, a maioría das cales son termos que designan cousas autóctonas de América. Algúns destes préstamos están restrinxidos ao castelán mexicano ou centroamericano, mais outros entraron en todas as variedades de castelán do mundo. Varias palabras, como chocolate, tomate ou aguacate, chegaron a moitas outras linguas a través do castelán.[124]

Por exemplo, en galego, dous dos termos máis salientables son sen dúbida chocolate[cn 8] e tomate (do náhuatl tōmatl). Outras palabras comúns son coiote (do náhuatl coyōtl), aguacate (do náhuatl āhuacatl) e chile (do náhuatl chilli). A palabra chicle tamén deriva do náhuatl tzictli 'cousas pegañentas'. Outras palabras galegas que veñen do náhuatl son: azteca (de aztēcatl); cacao (do náhuatl cacahuatl 'cuncha, casca');[125] ocelote (de ocēlotl).[126] En México, moitas palabras para conceptos comúns e cotiáns avalan o estreito contacto entre o castelán e o náhuatl, e de feito existen tantas que se publicaron dicionarios enteiros de mexicanismos (palabras propias do castelán mexicano) rastrexando etimoloxías náhuatl, así como palabras castelás con orixe noutras linguas indíxenas. Moitos coñecidos topónimos tamén veñen do náhuatl, incluíndo México (da palabra náhuatl para a capital azteca Mēxihco) e Guatemala (da palabra Cuauhtēmallān).[cn 9]

Escrita e literatura

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Ortografía náhuatl.
Véxase tamén: Escrita azteca e Códices aztecas.
Os nomes de lugares Mapachtepec ('Outeiro do mapache'), Mazatlan ('Lugar de cervos') e Huitztlan ('Lugar de espiñas') escrito no sistema de escritura azteca, do Códice Mendoza.

Tradicionalmente, a escrita azteca precolombiana non foi considerada un verdadeiro sistema de escritura, xa que non representaba o vocabulario completo dunha lingua falada como o facían os sistemas de escritura do Vello Mundo ou a escrita maia. Polo tanto, a escrita azteca non estaba destinada a ser lida, senón a ser contada. Os elaborados códices eran esencialmente axudas pictográficas para memorizar textos, que inclúen xenealoxías, información astronómica e listas de tributos. No sistema utilizáronse tres tipos de signos: imaxes utilizadas como mnemónicos (que non representan palabras particulares), logogramas que representan palabras enteiras (no canto de fonemas ou sílabas), e logogramas usados ​​só polos seus valores sonoros (é dicir, usados ​​segundo o principio rebus).[127]

Porén, o epigrafista Alfonso Lacadena argumentou que na véspera da invasión española, unha escola de escribas náhuatl, os de Tetzcoco, desenvolvera unha escrita totalmente silábica que podería representar foneticamente a lingua falada no do mesmo xeito que a escrita maia.[128] Outros epigrafistas cuestionaron esta afirmación, argumentando que aínda que o silabario existía claramente nalgúns dos primeiros manuscritos coloniais (apenas sobreviviron manuscritos precolombianos), isto podería interpretarse como unha innovación local inspirada na alfabetización castelá máis que como unha continuación dunha práctica precolombiana.[129]

Os españois introduciron o alfabeto latino, o cal se utilizou para rexistrar unha gran cantidade de prosa azteca, poesía e documentación mundana como testamentos, documentos administrativos, cartas legais, etc. En cuestión de décadas a escrita pictórica foi completamente substituída polo alfabeto latino.[130] Nunca se desenvolveu unha ortografía latina estandarizada para o náhuatl, e non xurdiu un consenso xeral para a representación de moitos sons en náhuatl que non existen en castelán, como as vogais longas e a parada glotal.[131] A ortografía que representa con máis precisión os fonemas do náhuatl foi desenvolvida no século XVII polo xesuíta Horacio Carochi, baseándose nas ideas doutro xesuíta, Antonio del Rincón.[132] A ortografía de Carochi utilizaba dous signos diacríticos diferentes: un macron para representar as vogais longas e un acento grave para o saltillo, e ás veces un acento agudo para vogais curtas.[133] Esta ortografía non acadou un amplo seguimento fóra da comunidade xesuíta.[134][135]

Alfabeto ilustrado da lingua náhuatl, azteca ou mexicana.

Cando o náhuatl se converteu en tema de estudos lingüísticos no século XX, os lingüistas decatáronse da necesidade de representar todos os fonemas da lingua. Desenvolvéronse varias ortografías prácticas para transcribir a lingua, moitas utilizando o sistema do alfabeto fonético americanista. Coa creación do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas de México en 2004, retomáronse os intentos de crear ortografías estandarizadas para os diferentes dialectos; porén, ata hoxe non existe unha única ortografía oficial para o náhuatl.[131] Ademais das diferenzas dialectais, os principais problemas na transcrición do náhuatl inclúen:

  • se debería seguir a práctica ortográfica española e escribir /k/ con c e qu, /kʷ/ con cu e uc, /s/ con c e z, ou s, e /w/ con hu e uh, ou u.[131]
  • como escribir o fonema saltillo (nalgúns dialectos pronúnciase como parada glotal [ʔ] e noutros como [h]), que se escribiu con j, h, (apóstrofo), ou un acento grave na vogal precedente, pero que tradicionalmente se omitiu a miúdo na escrita.[131]
  • se debería representar a lonxitude das vogais, p. ex. mediante vogais dobres ou mediante o uso de macrons.[131]

En 2018, os pobos náhuatl de 16 estados mexicanos comezaron a colaborar co INALI para crear unha nova ortografía moderna chamadaYankwiktlahkwilolli,[136] deseñada para ser a ortografía normalizada do náhuatl nos vindeiros anos.[137][138] A escrita moderna ten moito maior uso nas variantes modernas ca na clásica, xa que os textos, documentos e obras literarias da época adoitan empregar a escrita xesuíta.[139]

Ortografías do náhuatl clásico
Fonema AFI Orthografía
Ortografía tradicional[140] Normalización (Michel Launey)[141]
a a, a

e ás veces na secuencia /iya/

a, ā
e e, e

ie ou ye ás veces
i ás veces se está en contacto con /y/

e, ē
i i, i, y, ou j i, ī
o o, o

u ou v moitas veces para /o:/, especialmente diante de m e p

o, ō
p p p p
t t t t
k k qu (antes de i e e)
c (en todos os demais casos)
qu (antes de i e e)
c (en todos os demais casos)
c ts tz

(poucas veces)

tz
č ch ch
λ tl tl
kw cu

qu diante de a,
cu, uc, cuh, ou c ao final dunha sílaba

cu (antes das vogais)
uc (en todos os demais casos)
m m m

n moitas veces antes de p ou m

m
n n n

◌~ ás veces despois dunha vogal
Moitas veces omítese antes de /y/, /w/ e nos finais de palabra.

n
s s z, ç

c antes de /i/ e /e/

c (antes de "e" e "i")
z (en todos os demais casos)
š ʃ x

s ás veces diante de

x
y j i, y, j

Normalmente omítese entre /i/ e unha vogal

y
w w u, v, raramente hu

uh úsase ao final dunha sílaba
/w/ adoita omitirse entre as vogais /o/ e /a/

hu (antes das vogais)
uh (en todos os demais casos)
l l l

lh moitas veces ao final dunha sílaba

l
ll ll, l ll
ʼ ʔ, h h entre vogais ou ocasionalmente ao final dunha palabra

En caso contrario, normalmente non se escribe ou se indica esporadicamente por ◌̀

◌̀ (na vogal anterior dentro da palabra)
◌̂ (na vogal anterior ao final dunha palabra)

Literatura

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Literatura mesoamericana.

Entre as linguas indíxenas de América, o extenso corpus literario sobrevivente en náhuatl, que data do século XVI, pode considerarse único.[142] A literatura náhuatl abrangue unha ampla variedade de xéneros e estilos, e os propios documentos foron escritos en circunstancias moi diversas. O náhuatl anterior á invasión castelá facía distinción entre tlahtolli 'fala' e cuicatl 'canción', dunha maneira semellante á distinción entre "prosa" e "poesía".[143][144]

A prosa náhuatl conservouse en diferentes formas. Os anais e as crónicas relatan a historia, normalmente escrita dende a perspectiva dun altepetl (unha entidade política local) e moitas veces combinando relatos míticos con acontecementos reais. Entre as obras máis importantes deste xénero están as de Chalco escritas por Chimalpahin, as de Tlaxcala de Diego Muñoz Camargo, as de México-Tenochtitlán de Fernando Alvarado Tezozomoc e as de Texcoco de Fernando Alva Ixtlilxochitl. Moitos anais relatan a historia ano a ano e normalmente son escritos por autores anónimos. Estas obras baséanse ás veces nos recontos pictóricos que existiron sobre os anos precolombianos, como os anais de Cuauhtitlan e os Anais de Tlatelolco. Tamén se atopan narracións puramente mitolóxicas, como a "Lenda do Quinto Sol", o mito da creación azteca relatado no Códice Chimalpopoca.[145]

Unha das obras máis importantes de prosa escritas en náhuatl é a compilación de doce volumes coñecida xeralmente como Códice Florentino, escrita a mediados do século XVI polo misioneiro franciscano Bernardino de Sahagún e os seus colaboradores falantes de náhuatl.[146] Con esta obra Sahagún ofreceu unha enorme descrición etnográfica do pobo náhuatl, escrita en traducións paralelas de náhuatl e castelán, e ilustrada con láminas de cores debuxadas por pintores indíxenas. Os seus volumes abranguen unha ampla gama de temas: historia azteca, cultura material, organización social, vida relixiosa e cerimonial, estilo retórico e metáforas. O duodécimo volume ofrece unha perspectiva indíxena sobre a conquista. Sahagún tamén se propuxo tentar documentar a riqueza da lingua náhuatl, afirmando:

Esta obra é como unha rede de arrastre para sacar á luz todas as palabras desta lingua cos seus significados exactos e metafóricos, e todas as súas formas de falar, e a maioría das súas prácticas boas e malas.[147]

A poesía náhuatl consérvase principalmente en dúas fontes: os Cantares Mexicanos e os Romances de los señores de Nueva España, ambas coleccións de cancións aztecas escritas nos séculos XVI e XVII. Algunhas cantigas puideron conservarse a través da tradición oral dende os tempos anteriores á conquista ata o momento da súa escritura, por exemplo as cantigas atribuídas ao rei-poeta de Texcoco, Nezahualcóyotl. Karttunen & Lockhart (1980) identifican máis de catro estilos distintos de cancións, como icnocuicatl ('canción triste'), xopancuicatl ('canción da primavera'), melahuaccuicatl ('canción sinxela') e yaocuicatl ('canción de guerra'), cada unha con distintos trazos estilísticos. A poesía azteca fai un rico uso de imaxes e temas metafóricos e lamenta a brevidade da existencia humana, a celebración dos valentes guerreiros que morren na batalla e a apreciación da beleza da vida.[148]

Estilística

[editar | editar a fonte]

Os aztecas distinguían polo menos dous rexistros sociais da lingua: a lingua dos plebeos (macehuallahtolli) e a lingua da nobreza (tecpillahtolli). Esta última estivo marcada polo uso dun estilo retórico distintivo. Dado que a alfabetización estaba limitada principalmente a estas clases sociais máis altas, a maioría da prosa e documentos poéticos existentes foron escritos neste estilo. Unha característica importante deste alto estilo retórico de oratoria formal foi o uso de paralelismos,[149] segundo os cales o orador estruturaba o seu discurso en pareados que consistían en dúas frases paralelas. Por exemplo:

  • ye maca timiquican
  • 'Que non morramos'
  • ye maca tipolihuican
  • 'Que non perezamos'[150]

Os lingüistas modernos fan referencia a outro tipo de paralelismo coñecido como difrasismo, no que dúas frases se combinan simbolicamente para dar unha lectura metafórica. O náhuatl clásico era rico en metáforas difrásicas, moitas das cales son explicadas por Sahagún no Códice Florentino' e por Andrés de Olmos na súa Arte.[151] Tales difrasismos inclúen:[152]

  • in xochitl, in cuicatl
  • "A flor, a canción" - que significa "poesía"
  • in cuitlapilli, in atlapalli
  • "a cola, a á" - que significa "a xente común"
  • in toptli, in petlacalli
  • "o cofre, a caixa" - que significa "algo secreto"
  • in yollohtli, in eztli
  • "o corazón, o sangue" - que significa "cacao"
  • in iztlactli, in tencualactli
  • "a baba, a saliva" - que significa "mentiras"

Texto de exemplo

[editar | editar a fonte]

O texto de mostra a continuación é un extracto dunha declaración emitida en náhuatl por Emiliano Zapata en 1918 para convencer aos pobos náhuatl da zona de Tlaxcala de que se unisen á Revolución contra o réxime de Venustiano Carranza.[153] A ortografía empregada no texto é improvisada, non distingue as vogais longas e só marca esporadicamente saltillo (con Modelo:Corchete e acento agudo).[154]

Tlanahuatil Panoloani

An Altepeme de non-cate itech nin tlalpan
de netehuiloya den tlanahuatiani Arenas.
Axcan cuan nonques tlalticpacchanéhque
de non-altepeme tlami quitzetzeloa
neca tliltic amo cuali nemiliz Carrancista,
noyolo pahpaqui
ihuan itech nin mahuiztica,
intoca netehuiloanime-tlatzintlaneca,
ihuan nanmechtitlanilia
ze páhpaquilizticatlápaloli
ihuan ica nochi noyolo
niquinyolehua nonques altepeme
aquihque cate qui chihuazque netehuiliztle
ipampa meláhqui tlanahuatil
ihuan amo nen motenecahuilia
quitlahtlaczazque
in anmocualinemiliz.
tiquintlahpaloa nonques netehuiloanime
tlen mocuepan ican nin yolopaquilizticatequi,
ihuan quixnamiqui in nexicoaliztle
ipan non-huei tehuile
tlen aic hueliti tlami nian aic tlamiz
zeme ica nitlamiliz in tliltic oquichtlanahuatiani,
de neca moxicoani, teca mocaya
de non-zemihcac teixcuepa
tlen itoca Venustiano Carranza
que quimahuizquixtia in netehuiliztle
ihuan quipinahtia to tlalticpac-nantzi "Mexico"
zeme quimahuizpolóhtica.

Mensaxe para transmitir

Ás vilas que se atopan na zona
que loitou baixo o xeneral Arenas.
Agora, que os habitantes desta terra,
destas vilan, rematan de sacudirse
esa vida negra e malvada do carrancismo
o meu corazón está moi feliz
e coa dignidade
no nome dos que loitan nas filas,
e a todos os que vos mando
un feliz saúdo
e con todo o meu corazón
Convido a esas cidades,
aos que están alí, para unirse á loita
por un mandato xusto
para non emitir declaracións en van,
non permitir que se elimine
o teu bo xeito de vida.
Saudamos a eses loitadores
que se volven cara a este traballo gozoso
e enfrontarse á cobiza
nesta gran guerra,
que nunca pode acabar, nin rematará nunca
ata a fin do tirano negro
dese lambón, que se mofa
e sempre engana á xente
e cuxo nome é Venustiano Carranza,
que saca a gloria da guerra
e quen avergoña a nosa patria, México
deshonrándoa por completo.
  1. Pénsase que o termo náhuatl clásico nāhuatl (substantivo raíz nāhua + absoluto nah) quere dicir "son bo e claro".[8] Este nome da lingua ten varias grafías, entre elas náhuatl (o estándar en castelán),[9] naoatl, nauatl, nahuatl e nawatl. Nunha formación posterior a partir do nome da lingua, o grupo étnico de falantes de náhuatl chámase nahua.
  2. Polo disposto no artigo IV: "As linguas indíxenas... e o castelán son linguas nacionais... e teñen a mesma vixencia no seu territorio, localización e contexto no que se falan".
  3. "Azteca xeral é un termo amplamente aceptado que se refire ao estado común máis superficial, reconstruído para todas as variedades náhuatl actuais; non inclúe o dialecto pochuteca Campbell & Langacker (1978)." Canger (2000:385(Note 4))
  4. Como a adopción en 1996 nunha conferencia mundial de lingüística en Barcelona da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, unha declaración que "se converteu nun punto de referencia xeral para a evolución e discusión dos dereitos lingüísticos en México" Pellicer, Cifuentes & Herrera (2006:132)
  5. Sischo (1979:312) e Canger (2000) para unha breve descrición destes fenómenos no náhuatl de Michoacán e Durango respectivamente
  6. Todos os exemplos que se dan nesta sección e nestas subseccións son de Suárez (1983:61–63) a non ser que se indique o contrario. As glosas foron estandarizadas.
  7. As palabras pero, entender, lo que e en proveñen todas do castelán. O uso do sufixo -oa nun infinitivo castelán como entender, que permite o uso doutros afixos verbais náhuatl, é estándar. A secuencia lo que tlen combina o español lo que 'what' co náhuatl tlen (que tamén significa 'que') para significar (que máis) 'que'. en é unha preposición e encabeza unha frase preposicional; tradicionalmente o náhuatl tiña posposicións ou substantivos relacionais máis que preposicións. A raíz mexihka, relacionada co nome mexihko, 'México', é de orixe náhuatl, pero o sufixo -ano é do castelán, e é probable que toda a palabra mexicano sexa un représtamo do castelán ao náhuatl.
  8. Aínda que non hai ningunha dúbida de que a palabra "chocolate" provén do náhuatl, a etimoloxía común do náhuatl /ʃokolaːtl/ "auga amarga" xa non parece ser sostible. Dakin & Wichmann (2000) suxire que a etimoloxía correcta sexa /tʃikolaːtl/, unha palabra que se atopa en varios dialectos náhuatl modernos.
  9. Os mexicas usaron a palabra para a capital dos kaqchikel, Iximche, situada no centro de Guatemala, mais a palabra estendeuse a toda a zona na época colonial; véxase Carmack (1981:143).

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Mexikatlahtolli/Nawatlahtolli (náhuatl)". Secretaría de Cultura/Sistema de Información Cultural (en castelán). Consultado o 2022-06-20. 
  2. Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  3. "General Law of Linguistic Rights of Indigenous Peoples" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 05 de abril de 2017. 
  4. "Instituto Nacional de Lenguas Indígenas homepage". 
  5. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para náhuatl.
  7. Definición de náhuatl no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  8. Andrews 2003, pp. 578,364,398.
  9. "Náhuatl" (en castelán). rae.es. Consultado o 6 de xullo de 2012. 
  10. 10,0 10,1 Real Academia Española (2005). "náhuatl". Diccionario de la lengua española. 22ª edición (en castelán). Madrid: Santillana. 
  11. "Nahuatl Family". SIL Mexico. Consultado o 2021-02-22. 
  12. 12,0 12,1 Suárez (1983:149)
  13. Canger 1980, p. 13.
  14. Canger 2002, p. 195.
  15. "Introduction to Nahuatl". Center for Latin American Studies. Consultado o 2024-04-02. 
  16. Canger 1988.
  17. "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (en castelán). Issued by the Cámara de Diputados del H. Congreso de la Unión. 13 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. .
  18. Pint, John (2022-11-11). "The surprising number of Nahuatl words used in modern Mexican Spanish". Mexico News Daily (en inglés). Consultado o 2024-04-01. 
  19. "Lesson Nine". babbel.com. Consultado o 2024-04-01. 
  20. Alex (2018-03-23). "Etymology of Country Names". Vivid Maps (en inglés). Consultado o 2024-06-07. 
  21. "Etymology of Nicaragua". 
  22. "Nahuatl Dictionary Letter N". 
  23. Pharao Hansen 2013.
  24. Canger (1988:42–43), Dakin (1982:202), INALI (2008:63), Suárez (1983:149)
  25. Boas 1917.
  26. Knab 1980.
  27. Canger & Dakin (1985:360), Dakin (2001:21–22)
  28. Dakin (2001:21–22), Kaufman (2001)
  29. Launey 1992, p. 116.
  30. Canger 2001, p. 385.
  31. Hill & Hill 1986.
  32. 32,0 32,1 Tuggy (1979)
  33. 33,0 33,1 Campbell (1985)
  34. Canger 2001.
  35. 35,0 35,1 Wolgemuth 2002.
  36. Suárez 1983, p. 20.
  37. Canger (1980:12), Kaufman (2001:1)
  38. Hill 2001.
  39. Merrill et al. 2010.
  40. Kaufman & Justeson 2009.
  41. Justeson et al. 1985, p. passim.
  42. Kaufman 2001, pp. 3–6,12.
  43. Kaufman & Justeson 2007.
  44. Kaufman 2001, pp. 6,12.
  45. Cowgill (1992:240–242); Pasztory (1993)
  46. Campbell (1997:161), Justeson et al. (1985); Kaufman (2001:3–6,12)
  47. Dakin & Wichmann (2000), Macri (2005), Macri & Looper (2003), Cowgill (2003:335), Pasztory (1993)
  48. Dakin (1994); Kaufman (2001)
  49. Fowler (1985:38); Kaufman (2001)
  50. Carmack 1981, pp. 142–143.
  51. Levy, Buddy (2008). Conquistador: Hernán Cortés, King Montezuma, and the Last Stand of the Aztecs. Bantam Books. p. 106. ISBN 978-0553384710. 
  52. Canger 2011.
  53. Lockhart 1992.
  54. Hinz 1983.
  55. Cline 1993.
  56. Lockhart, Berdan & Anderson 1986.
  57. Cline & León-Portilla 1984.
  58. Jackson 2000.
  59. INAFED (Instituto Nacional para el Federalismo y el Desarrollo Municipal) (2005). "Saltillo, Coahuila". Enciclopedia de los Municipios de México (en castelán) (versión en liña en E-Local ed.). INAFED, Secretaría de Gobernación. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2007. Consultado o 2008-03-28. . The Tlaxcaltec community remained legally separate until the 19th century.
  60. Matthew 2012.
  61. Lockhart (1991:12); Lockhart (1992:330–331)
  62. Rincón 1885.
  63. Carochi 1645.
  64. Canger 1980, p. 14.
  65. Carochi 2001.
  66. 66,0 66,1 Olko & Sullivan 2013.
  67. 67,0 67,1 Suárez (1983:165)
  68. Suárez 1983, pp. 140–41.
  69. Suárez 1983, p. 5.
  70. Cline, Adams & MacLeod 2000.
  71. Rolstad 2002, p. passim..
  72. INEGI 2005, pp. 63–73.
  73. Suárez 1983, p. 167.
  74. Suárez 1983, p. 168.
  75. INEGI 2005, p. 49.
  76. Lastra de Suárez (1986), Rolstad (2002:passim)
  77. Pellicer, Cifuentes & Herrera 2006, pp. 132–137.
  78. INALI [Instituto Nacional de Lenguas Indígenas] (n.d.). "Presentación de la Ley General de Derechos Lingüísticos". Difusión de INALI (en castelán). INALI, Secretaría de Educación Pública. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 2008-03-31. 
  79. IRIN 2004.
  80. INEGI 2005, p. 35.
  81. INEGI 2005.
  82. Olko, Justyna; Lubiewska, Katarzyna; Maryniak, Joanna; Haimovich, Gregory; de la Cruz, Eduardo; Cuahutle Bautista, Beatriz; Dexter-Sobkowiak, Elwira; Iglesias Tepec, Humberto (2022). "The positive relationship between Indigenous language use and community-based well-being in four Nahua ethnic groups in Mexico". Cultural Diversity & Ethnic Minority Psychology 28 (1): 132–143. ISSN 1099-9809. PMID 34672647. doi:10.1037/cdp0000479. 
  83. Flores Farfán 2002, p. 229.
  84. Sischo 1979, p. passim.
  85. Amith 1989.
  86. 86,0 86,1 Flores Farfán (1999)
  87. Pury-Toumi 1980.
  88. Pittman, R. S. (1961). The Phonemes of Tetelcingo (Morelos) Nahuatl. In B. F. Elson & J. Comas (Eds.), A William Cameron Townsend en el vigésimoquinto aniversario del Instituto Lingüístico de Verano (pp. 643–651). Instituto Lingüístico de Verano.
  89. Launey 1992, p. 16.
  90. Launey 1992, p. 26.
  91. Aguilar 2013, citando a Andrews 2003, Bedell 2011, Brockway 1963 e Goller, Goller & Waterhouse 1974
  92. Launey 1992, pp. 19–22.
  93. Canger 2001, p. 29.
  94. Launey 1999.
  95. Hill & Hill 1980.
  96. Kimball 1990.
  97. Launey 1992, pp. 27–28.
  98. Launey 1992, pp. 88–89.
  99. Hill & Hill (1986) re Malinche Nahuatl
  100. Launey (1992) Chapter 13 re classical Nahuatl
  101. Suárez 1977, pp. passim.
  102. Launey 1999, p. passim.
  103. Wolgemuth 2002, p. 35.
  104. Suárez 1983, p. 61.
  105. Canger 1996.
  106. Suárez 1983, p. 81.
  107. 107,0 107,1 Suárez (1983:62)
  108. Launey 1992, pp. 207–210.
  109. Suárez 1977, p. 61.
  110. Launey 1992, p. 27.
  111. Peralta Ramírez 1991.
  112. Baker 1996, p. passim..
  113. 113,0 113,1 113,2 Pharao Hansen (2010)
  114. Launey 1992, pp. 36–37.
  115. 115,0 115,1 Sischo (1979:314)
  116. Launey (1994); Andrews (2003).
  117. Launey (1994), Launey (1999:116–18)
  118. 118,0 118,1 Canger & Jensen (2007)
  119. Hill & Hill 1986, p. 317.
  120. Hill and Hill 1986:page#
  121. Suárez 1977.
  122. Canger 2001, p. 116.
  123. Hill & Hill 1986, pp. 249–340.
  124. Haugen 2009.
  125. Dakin & Wichmann (2000)
  126. Joseph P. Pickett; et al., eds. (2000). "ocelot". The American Heritage Dictionary of the English Language (4th ed.). Boston, MA: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-395-82517-4. OCLC 43499541. Arquivado dende o orixinal (versión en liña) o 24 de agosto de 2007. Consultado o 7 de agosto de 2019. 
  127. Lockhart 1992, pp. 327–329.
  128. Lacadena 2008.
  129. Whittaker 2009.
  130. Lockhart 1992, pp. 330–335.
  131. 131,0 131,1 131,2 131,3 131,4 Canger (2002:200–204)
  132. Smith-Stark 2005.
  133. Whorf, Karttunen & Campbell 1993.
  134. McDonough 2014, p. 148.
  135. Bierhorst 1985, p. xii.
  136. "Tlahkwiloltlanawatilli (Normas de escritura)". 
  137. "Lingüistas y especialistas coinciden en la importancia de normalizar la escritura de la lengua náhuatl". 
  138. "Nawatl, mexkatl, mexicano (náhuatl)". 21 de decembro de 2018. 
  139. "Lectura del Náhuatl. Versión revisada y aumentada." (PDF). 
  140. Launey 1992, pp. 379–382.
  141. Launey 1992, pp. 13–14.
  142. Canger 2002, p. 300.
  143. León-Portilla 1985, p. 12.
  144. Karttunen & Lockhart 1980.
  145. Bierhorst 1998.
  146. "Historia general de las cosas de Nueva España por el fray Bernardino de Sahagún: el Códice Florentino – Visor – Biblioteca Digital Mundial". www.wdl.org. Consultado o 2020-02-01. 
  147. Sahagún 1950–1982, pp. part I:47.
  148. León-Portilla 1985, pp. 12–20.
  149. Bright 1990, p. passim..
  150. Bright 1990, p. 440.
  151. Olmos 1993.
  152. Os exemplos dados son de Sahagún 1950–82, vol. VI, ff. 202V-211V
  153. Texto reproducido en León-Portilla 1978:78–80
  154. León-Portilla 1978.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Bibliografía adicional

[editar | editar a fonte]
Dicionarios de náhuatl clásico
  • de Molina, Fray Alonso: Vocabulario en Lengua Castellana y Mexicana y Mexicana y Castellana. [1555] Reimpresión: Porrúa México 1992
  • Karttunen, Frances, An analytical dictionary of Náhuatl. Univ. of Oklahoma Press, Norman 1992
  • Siméon, Rémi: Diccionario de la Lengua Náhuatl o Mexicana. [París 1885] Reimpresión: México 2001
Gramáticas de náhuatl clásico
  • Carochi, Horacio. Grammar of the Mexican Language: With an Explanation of its Adverbs (1645) Traducido por James Lockhart. Stanford University Press. 2001.
  • Lockhart, James: Nahuatl as written: lessons in older written Nahuatl, with copious examples and texts, Stanford 2001
  • Sullivan, Thelma: Compendium of Nahuatl Grammar, Univ. of Utah Press, 1988.
  • Campbell, Joe and Frances Karttunen, Foundation course in Náhuatl grammar. Austin 1989
  • Launey, Michel. Introducción a la lengua y a la literatura Náhuatl. México D.F.: UNAM. 1992 (en castelán); An Introduction to Classical Nahuatl [Tradución/adaptación ao inglés de Christopher Mackay], 2011, Cambridge University Press.
  • Andrews, J. Richard. Introduction to Classical Nahuatl University of Oklahoma Press: 2003 (edición revisada)
Variedades modernas
  • Ronald W. Langacker (ed.): Studies in Uto-Aztecan Grammar 2: Modern Aztec Grammatical Sketches, Summer Institute of Linguistics Publications in Linguistics, 56. Dallas, TX: Summer Institute of Linguistics and the University of Texas at Arlington, pp. 1–140. ISBN 0-88312-072-0. OCLC 6086368. 1979. (Contén estudos de náhuatl de Michoacán, Tetelcingo, Huasteca e o norte de Puebla)
  • Canger, Una. Mexicanero de la Sierra Madre Occidental, Archivo de Lenguas Indígenas de México, No. 24. México D.F.: El Colegio de México. ISBN 968-12-1041-7. OCLC 49212643. 2001 (en castelán)
  • Campbell, Lyle. The Pipil Language of El Salvador, Mouton Grammar Library (No. 1). Berlin: Mouton Publishers. 1985. ISBN 0-89925-040-8. OCLC 13433705.
  • Wolgemuth, Carl. Gramática Náhuatl (melaʼtájto̱l) de los municipios de Mecayapan y Tatahuicapan de Juárez, Veracruz, 2nd edition. 2002. (en castelán)
Miscellanea

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]