Consoante nasal
Unha consoante nasal prodúcese cando o veo do padal —a parte carnosa do padal preto da parte posterior— se baixa, permitindo que o aire flúa libremente a través do nariz. A cavidade bucal aínda actúa como compartimento da resonancia do son, pero o aire non sae pola boca mentres que é bloqueado pola lingua. Outros tipos de consoantes poden ser nasalizados, pero normalmente referímonos a alófonos dos arquifonemas /N/ e /M/
Acusticamente, as consoantes nasais son sonorantes, é dicir, non restrinxen a saída de aire, e dende o punto de vista lingüístico case sempre son sonoras. (Compárense as oclusivas orais, que obstrúen o aire completamente, e as fricativas, que obstrúen o aire cunha canle estreita. Tanto oclusivas como fricativas son máis frecuentemente xordas que sonoras, e coñécense como obstruíntes).
Porén, as consoantes nasais tamén se consideran oclusivas pola súa articulación, que impide completamente o paso do aire pola cavidade bucal. Tal dualidade, un fluxo de aire sonorante polo nariz xunto coa oclusión da boca, implica que as nasais se comportan como sonorantes á vez que como obstruíntes (en xeral clases opostas). Para a descrición acústica en xeral considéranse sonorantes, pero en moitas linguas poden desenvolverse a partir de oclusivas ou devir en oclusivas.
Teñen bandas de enerxía arredor dos 200 e os 2,000 Hz
Lista de consoantes nasais:
- [m] é unha nasal bilabial sonora
- [ɱ] é unha nasal labiodental sonora (SAMPA: [F])
- [n̪] é unha nasal dental (SAMPA: [n_d])
- [n] é unha nasal alveolar ou dental: véxase nasal alveolar
- [ɳ] é unha nasal retroflexa sonora, común nas linguas índicas (SAMPA: [n`])
- [ɲ] é unha nasal palatal (SAMPA: [J]); común en moitos idiomas europeos, como o castelán ñ; o francés e o italiano gn; o catalán e o húngaro ny; e o occitano e o portugués nh.
- [ŋ] é unha nasal velar sonora (SAMPA: [N]).
- [ɴ] é unha nasal uvular (SAMPA: [N\])
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I: fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-060-8.