Lingua tepecana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tepecano
Falado en: México
Rexións: Xalisco
Extinción: c. 1980
Familia: Linguas uto-aztecas
 Uto-aztecas meridionais
  Linguas tepimanas
   Tepecano
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tep
Mapa
Status

O tepecano está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua tepecana é unha lingua morta indíxena de México que pertence á familia uto-azteca. Outrora foi falada por un pequeno grupo de persoas en Azqueltán, Xalisco, unha pequena vila a carón do río Bolaños na parte norte do estado, xusto ao leste do pobo huichol. O seu parente máis achegado era a tepehuano do sur falada no estado de Durango. Polo que se sabe, o último falante de tepecano foi Lino de la Rosa (nado o 22 de setembro de 1895), que aínda vivía en febreiro de 1980.[2]

Mapa do tepecano e as nacións veciñas chichimecas no século XVI.

A investigación sobre o tepecano foi realizada por primeira vez polo antropólogo e lingüístico estadounidense John Alden Mason en Azqueltán entre 1911 e 1913. Este traballo levou á publicación dunha monografía cun bosquexo gramatical en 1916, así como un artigo sobre oracións nativas en tepecano que Mason recollera de informantes en 1918. A investigación de campo posterior foi realizada polo lingüista estadounidense Dennis Holt en 1965 e de 1979 a 80, mais ningún dos seus resultados foron publicados polo momento.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Holt 2001: 30
  3. Dennis Holt, personal communication

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]