Chile (pemento)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chile verde, amarelo, e a pementa de Caiena vermella.

O chile[1][2] (do náhuatl chīlli) é a froita de plantas do xénero Capsicum, membros da familia das solanáceas.[3] As substancias que dan ós chiles o seu intenso sabor cando se consomen son as capsaicinas e outros elementos químicos relacionados, chamados colectivamente capsaicinoides.

O chile é orixinario de México.[4] Despois do intercambio colombiano, espalláronse os cultivos de chile por todo o mundo, e son empregados na gastronomía e na medicina. O chile foi levado até Asia polos navegantes portugueses durante o século XVI.

En todo o mundo, uns 3,8 million hectáreas de terra producen 33 millóns de toneladas de chile (datos de 2010). A India é o meirande produtor, consumidor e exportador mundial de chile.[5] O distrito de Guntur no estado indio de Andhra Pradesh produce o 30% de toda a India.[6] Andhra Pradesh é responsable do 75% das exportacións de chile da India.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chile.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Purdue University Department of Horticulture and Landscape Architecture (ed.). "HORT410. Peppers – Notes". Consultado o 20 de outubro de 2009. Common name: pepper. Latin name: Capsicum annuum L. ... Harvested organ: fruit. Fruit varies substantially in shape, pericarp thickness, color and pungency. 
  4. "Multiple lines of evidence for the origin of domesticated chili pepper, Capsicum annuum, in Mexico". www.pnas.org. Proceedings of the National Academy of Sciences. 4 de decembro de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  5. Agrocrops.com (ed.). "Indian Chilli,Chilli India,Indian Chilli Exporters,Indian Red Dry Chilli". Consultado o 28 de agosto de 2013. 
  6. "Govt. of India Ministry Of Agriculture" (PDF). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]