Intelixibilidade mutua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As cores semellantes indican linguas que pertencen ó mesmo continuo dialectal. As frechas indican alta intelixibilidade mutua.
     Linguas romances      Linguas xermánicas occidentais      Linguas nórdicas      Linguas eslavas

A intelixibilidade mutua é unha propiedade das variedades lingüísticas ou dialectos pola cal dous falantes de variedades diferentes poden comprenderse mutuamente sen ter estudado ou aprendido previamente a variedade allea. Trátase dunha propiedade non moi ben definida, xa que a intelixibilidade é cuestión de graos e subxetividade, e tamén depende de varios factores, como o nivel edcuativo e cultural do falante e a súa habilidade lingüística.

Dificultades co concepto[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente díxose que dúas variedades dialectales mutuamente intelixibles en alto grao son dialectos da mesma lingua. Porén, existen algunhas dificultades:[1]

  1. Non-transitividade. Dadas tres variedades A, B e C. Pode suceder que A e B sexan mutuamente intelixibles en alto grado, e que B e C sexan tamén mutuamente intelixibles en alto grao, e porén, A e C sexan practicamente inintelixibles. Por exemplo, existe un alto grao de intelixibilidade mutua entre o castelán e o catalán, e entre o catalán e o occitano, mais o castelán e o occitano son dificilmente entendibles entre elas.
  2. Asimetría. Nalgúns casos atopáronse variedades A e B, tales que a comprensión de B polos falantes de A, é moi diferente da comprensión de A polos falantes de B. Por exemplo, un falante do portugués estándar europeo entende perfectamente o castelán, mais para un castelánfalante é un poco menos intelixible o portugués polas diferenzas fonéticas e fonolóxicas respecto do español (p. ej., "palavra" /plávr/ en portugués e "palabra" /palábra/ en castelán, asemade, "rádio" /jádyu/ en portugués e "radio" /rádio/ en castelán).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. J. A. Suárez (1995): Las lenguas indígenas mesoamericanas, pp. 39-48, ISBN 968-496-219-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]