Wikipedia en náhuatl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wikipedia en náhuatl
Wikipedia-logo-v2-nah.svg
Logo da Wikipedia en náhuatl.
Main page Nahuatl.jpg
Portada da Wikipedia en náhuatl en marzo de 2017.
Dominiohttps://nah.wikipedia.org
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasNáhuatl
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento10 de agosto de 2003

A Wikipedia en náhuatl (en náhuatl: Huiquipedia nāhuatlahtōlcopa) é a versión da Wikipedia en lingua náhuatl. Foi creada en agosto de 2003. Esta versión da enciclopedia contén a cifra de 7.269 artigos e 19.914 usuarios, dos cales 26 son activos,[1] sendo a terceira Wikipedia máis grande das linguas americanas despois da quechua e da navajo.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O usuario Piolinfax, de orixe belga, creou a primeira páxina da Huiquipedia o 10 de agosto de 2003 e chamouna Ātl (mais despois trasladouse a Atl; en galego "auga") o cal foi traballado xunto co usuario español Youssefsan quen se encargou de buscar usuarios hispanofalantes que se interesaran polo proxecto e que colaborasen co mesmo.

O primeiro usuario mexicano con coñecemento de náhuatl rexistrado nesta Wikipedia amerindia foi Netza. O administrador máis activo é Ricardo gs, e o primeiro falante nativo de náhuatl foi Teòtlalili, usuario do estado de Puebla.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]