Saltar ao contido

Lingua kawaiisu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua kawaiisu
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02hwl4g Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3xaw Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5xaw Editar o valor en Wikidata
IETFxaw Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua kawaiisu[1] é unha lingua númica da familia uto-azteca falada polo pobo kawaiisu de California. Segundo datos de 2005 tiña 5 falantes.[2] O kawaiisu está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O kawaiisu é membro das linguas númicas meridionais dentro da familia uto-azteca.

Revitalización

[editar | editar a fonte]

En 1994, a lingua estaba en grave perigo de extinción, contando con menos de 20 falantes.[4]

En 2011, o Proxecto Kawaiisu recibiu o Premio á Preservación Histórica do Gobernador de California polos seus esforzos en documentar a lingua e a cultura Kaiwaiisu, incluíndo "o Manual do Kawaiisu, o ensino da lingua, o Centro de Lingua e Cultura Kawaiisu [e] a exposición Kawaiisu no Museo Tehachapi".[5][6] Dende 2012, o Centro Cultural da Lingua Kawaiisu ofrece clases para aprender a lingua e conta con DVDs para a aprendizaxe na casa, así como formación para outros grupos que buscan crear programas e materiais de aprendizaxe de idiomas.

  1. Maurice L. Zigmond, Curtis G. Booth, & Pamela Munro. 1991. Kawaiisu, A Grammar and Dictionary with Texts. Ed. Pamela Munro. University of California Publications in Linguistics Volume 119. Berkeley, California: University of California Press.
  2. Ethnologue (ed.). "Kawaiisu". Consultado o 23 de maio de 2023.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  4. Leanne Hinton. 1994. Flutes of Fire: Essays on California Indian Languages. Heyday Books.
  5. Jon Hammond (2011-11-29). "Kawaiisu Project receives Governor's Historic Preservation Award". TehachapiNews.com. Arquivado dende o orixinal o 2013-10-04. Consultado o 2012-08-26.
  6. Jon Hammond (2010-04-06). "The original Tehachapi language: new grant funds new grant funds two-year Nüwa (Kawaiisu) project". TehachapiNews.com. Arquivado dende o orixinal o 2013-10-04. Consultado o 2012-08-26.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]