Paralelismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na lírica, o paralelismo é unha figura estilística consistente en estruturar unha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema. Lógrase coa repetición de estruturas formais e/ou semánticas. É o esquema típico da cantiga peninsular. Baséase nunha máxima repetición cunha mínima información que se amplía e matiza coa variación.

Na lírica galego-portuguesa medieval o paralelismo desenvolvíase facendo que os versos da primeira cobra (aquilo que non é refrán dentro da estrofa) fosen semellantes ós da segunda cobra; e así sucesivamente, agrupando as estrofas de dúas en dúas.

Sistemas de repetición[editar | editar a fonte]

O principal é o refrán.

  • Repetición literal ou verbal, repetición de palabras
  • Repetición estrutural, repetición sintáctica e rítmica
  • Repetición semántica, repetición de ideas ou conceptos.

Tipos de paralelismo[editar | editar a fonte]

Paralelismo imperfecto
en cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións, se ben estes pares non están relacionados entre si. O esquema seguido é abR-a'b'R/cdR-c'd'R.
Paralelismo perfecto
en cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións e, ademais, estes pares están encadeados normalmente polo procedemento do "leixaprén" (o segundo verso da primeira estrofa é o primeiro da terceira, o segundo da segunda é o primeiro da cuarta, etc.). Só aparece en cantigas con estrutura de dístico. O esquema seguido é abR-a'b'R/bcR-b'c'R/cdR-c'd'R...

Sistemas de variacións[editar | editar a fonte]

Unida á repetición atópanse variacións que permiten a progresión do pensamento e evitan a monotonía externa que se puder derivar do paralelismo. Aparecen dentro do paralelismo literal e respostan a tres tipos básicos:

  • Por sinonimia ou semi-sinonima (dormir / folgar, ferir / tirar)
  • Por alteración sintáctica (andar vi / vi andar)
  • Por equivalencia semántica, mediante a negación do concepto oposto (leixa-las guarir / non as quer matar)

O paralelismo pode ser por repetición ou por substitución

Exemplos de paralelismo por inversión e por substitución[editar | editar a fonte]

Paralelismo por substitución[editar | editar a fonte]

Nunha cantiga de amor (o normal é que se dea na cantiga de amigo)

Em Lixboa, sobre lo mar
barcas novas mandei lavrar,
ai mia senhor querida.


Em Lixboa, sobre lo ler
barcas novas mandei fazer,
ai mia senhor querida.
... (Joan Zorro)

Paralelismo por inversión[editar | editar a fonte]

Mandad'ei comigo,
ca ven meu amigo;
e irei, madr', a Vigo


Comigu'ei mandado,
ca ven meu amado;
e irei, madr', a Vigo
... (Martín Codax)

Outros exemplos[editar | editar a fonte]

  • En Otero Pedrayo (Os señores da terra). Construcións paralelísticas:
  • En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos. (páxina 82)
  • ...criados e criadas, rapaces e rapazas [...] xente de axuda e de xornal (páxina 82).
  • Miro os meus dedos (verso 1) / Miro nos meus dedos (verso 5)
  • Todo agora é silencio (versos 9 e 12)
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]