Consoante alveolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Os movementos das cordas vocais.
* As consoantes sonoras inclúen /ɦ/, /w/, /v/, /z/, /ʒ/, /ʤ/, /ð/, /b/, /d/, e /g/.
* As consonantes sordas incluyen /h/, /ʍ/, /f/, /s/, /ʃ/, /ʧ/, /θ/, /p/, /t/, e /k/.

As consoantes alveolares son aquelas que se articulan ó tocar coa lingua os alvéolos dentarios superiores. Existen dúas formas de emitir este tipo de sons:

  1. As chamadas consoantes alveolares laminares: que se articulan coa parte plana da lingua.
  2. As chamadas consoantes alveolares apicais: onde se usa a punta da lingua, como en inglés ou francés.

Con frecuencia, a pronuncia laminar é incorrectamente denominada «dental», porque a punta da lingua aparentemente toca ou se achega ós dentes. Porén, é o punto de contacto posterior o que define o lugar da articulación; aquí é onde a cavidade bucal termina e é o espazo resonante da cavidade bucal que dá ás consoantes e vogais o seu timbre característico.

O alfabeto fonético internacional (AFI) non ten símbolos independentes para as consoantes alveolares. É máis, o mesmo símbolo utilízase para todos os puntos de articulación coronais que non sexan palatalizados ou retroflexos. Para evitar ambigüidades, pódese utilizar a «ponte» (s̪, t̪, n̪, l̪) para as consoantes dentais, ou a barra baixa (s̠, t̠, n̠, l̠]) para as postalveolares. Nótese que a [s̪] diferénciase da [θ] (dental) en ser sibilante, mentres que a [s̠] diferénciase da [ʃ] postalveolar en non ser palatalizada. Malia iso, non se poden asumir que as letras sinxelas [s, t, n, l] representen especificamente ás alveolares. As linguas non poden facer tales distincións, de maneira que dúas ou máis lugares coronais atópanse alofonicamente, ou a transcrición pode ser simplemente demasiado ampla para distinguir unha dental dunha alveolar. Se é preciso especificar unha consoante como alveolar, pódese usar un signo diacrítico do AFI estendido que consiste en «=» colocado baixo a letra.[1] Porén, os símbolos «t, n, l» con frecuencia son chamados «alveolares» e os exemplos de abaixo son todos sons alveolares.

  • As consoantes sonoras inclúen /ɦ/, /w/, /v/, /z/, /ʒ/, /ʤ/, /ð/, /b/, /d/, e /g/.
  • As consoantes xordas inclúen /h/, /ʍ/, /f/, /s/, /ʃ/, /ʧ/, /θ/, /p/, /t/, e /k/.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dito signo diacrítico AFI estendido foi ideado para representar unha patoloxía da fala e emprégase a miúdo para significar un son «alveolarizado» onde o beizo máis baixo entra en contacto co canto alveolar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]