Lingua o'odham
| Lingua o'odham | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tohono O’otham | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O o'odham (como se lle chama comunmente a dous pobos indíxenas cuxos dialectos son practicamente idénticos: os pápagos e os pimas) é unha lingua uto-azteca falada por indíxenas do estado de Arizona, nos Estados Unidos, e Sonora, en México, onde é lingua nacional.[1] Posúe uns doce mil falantes en territorio estadounidense[2] e unhas cantas centenas no territorio mexicano, onde está considerada unha lingua definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]. Segundo o Censo do 2000 dos Estados Unidos e outras enquisas lingüísticas, o o'odham é a sexta lingua indíxena con maior número de falantes, despois do navagho, o dakota, o iupik, o cherokee e o apache occidental.
O'odham ñiok (escrito tamén O'odham ñeok) é a designación nativa desta lingua, onde ñiok é a palabra que designa lingua ou fala, mentres que o'odham é o autónimo co que se chaman a si mesmos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o Ethnologue a clasificación do ohodham é:
- Linguas uto-aztecas
- Uto-aztecas do sur
- Linguas tepimanas
- Lingua o'odham
- Linguas tepimanas
- Uto-aztecas do sur
Status oficial
[editar | editar a fonte]Esta lingua, canda todas as linguas indíxenas de México e o español foron recoñecidas como "linguas nacionais" debido á Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas promulgada e publicada no ano 2003.[1]
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Vogais
[editar | editar a fonte]O pima ten cinco vogais, distinguindo ademais entre vogais longas e breves.[4]
Consoantes
[editar | editar a fonte]O inventario de consoantes do o'odham inclúe:[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Honorable Congreso de la Unión (13 de marzo de 2003). "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (en castelán) (México). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2014.
- ↑ INALI (2010). INALI, ed. "Lenguas indígenas en México y hablantes (de 5 años y más) al 2010" (en castelán). México. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2014.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- 1 2 Saxon, Dean (1982). "Papago" (PDF). En Langacker, Ronald W. Studies in Uto-Aztecan Grammar. Publications in Linguistics; 56 (en inglés). 3. Uto-Aztecan Grammatical Sketches. Summer Institute of Linguistics e University of Texas at Arlington. pp. 93–266. ISBN 0-88312-072-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Vexa a proba da Wikipedia en Lingua o'odham |
