Saltar ao contido

Ute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ute
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Localización
 País
Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h_dyrm Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O ute (/ˈjuːt/)[1] é un dialecto da lingua númica do río Colorado, falado tradicionalmente polo pobo ute. Os falantes viven principalmente en tres reservas: Uintah-Ouray (ou ute setentrional) no nordeste de Utah, Ute meridional no suroeste de Colorado, e ute das montañas no suroeste de Colorado e no sueste de Utah.[2] O ute forma parte da rama númica da familia de linguas uto-aztecas. Outros dialectos desta continuo dialectal son o chemehuevi e o paiute do sur. A partir de 2010, había 1.640 falantes combinados dos tres dialectos da lingua númica do río Colorado. A lingua irmá do ute, o númico do río Colorado, está clasificada como unha lingua ameazada, aínda que existen programas de dinamización lingüística patrocinados polas tribos. O paiute do sur está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

O termo "ute" foi usado polos exploradores españois, sendo un derivado do termo quasuatas, usado polos españois da época para referirse a todas as tribos ao norte do pobo pueblo e ata os shoshone.[4] O pobo ute refírese á súa propia lingua como núu-'apaghapi ou núuchi, que significa "a fala do pobo" e "do pobo" respectivamente.[2]

  1. Givón, T. Ute Reference Grammar. John Benjamins Publishing Company, 2011
  2. 1 2 Givón, Talmy (2011). Ute reference grammar. Amsterdam: John Benjamins Pub. Co. ISBN 978-9027202857. OCLC 733750317.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  4. "What is a Ute?". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 2012-01-24.