A escrita azteca ou mexica foi o sistema de escrita da lingua náhuatl usado pola civilización azteca, baseada en silabarios, rebuses, pictogramas e ideogramas da tradición mesoamericana das culturas do centro do actual México nos períodos Epiclásico e do Posclásico mesoamericano. Críase que o seu uso era reservado para as elites, mais os códices topográficos e os catecismos temperáns coloniais, de desciframento recente, eran utilizados por tlacuilos (escribas),[1]macehuallis (campesiños),[2]pochtecas (comerciantes),[3] etc.
Popularmente crese que ningún amoxtli mexica auténtico sobreviviu á conquista, debido a que a maioría dos amoxtlis existentes son reproducións, versións censuradas, modificadas, ou completamente realizadas por autoridades eclesiásticas españolas.[4] Estes documentos xeralmente non presentan un sistema gráfico abstracto como a maioría dos códices prehispánicos senón exhiben ilustracións de estilo europeo medieval.[5] Estes escritos xeralmente exaltan calidades negativas dos reportes coloniais (sacrificio, canibalismo, etc)[6] onde estes documentos conteñen descricións en latín, español ou náhuatl. Porén, tamén o seu contido trata da tecnoloxía, medicina e botánica dos mexicas, aínda que maioritariamente sen descricións ou só en náhuatl.[7]
Tamén existen amoxtlis que polo seu estilo, temas e manufactura suxiren unha elaboración orixinal sen influencia hispana.[8] Estes amoxtlis xeralmente conteñen glifos silábicos e signos ideográficos, acompañados de ilustracións, onde os temas incluídos non coinciden ou inclusive contradín a maioría das crónicas coloniais, reforzando a posibilidade de ser amoxtlis auténticos.
Estudos recentes demostran o uso dun silabario na escrita mexica,[9] semellante á escrita epi-olmeca e parecida á escrita maia o cal permitía a expresión literaria sen a necesidade de ideogramas ou ilustracións, evidencia deste sistema atópase disperso en diversas obras.[10] Outra liña de investigación atopou un sistema con base en ideogramas simplificados,[11] o cal funciona de maneira independente a ilustracións. A evidencia deste sistema atópase nos catecismos testerianos.[12][13] Antigamente atribuíase a autoría destes documentos ás autoridades eclesiásticas coloniais, con todo esta escrita reflicte calidades culturais exclusivas dos mesoamericanos, e inclusive contén veneracións ocultas a deidades mexicas.
↑Léon Portilla, Miguel. "El Tonalámatl de los Pochtecas (códice Fejérváry Mayer)". Arqueología Mexicana (Edición Especial Códices).
↑Lacadena, Alfonso (primavera de 2008). "A Nahuatl Syllabary". The Pari Journal(en inglés) (Pre-Columbian Art Research Institute) VIII (4): 23. ISSN1531-5398. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2016.
↑Cline, Howard F.; John B. Glass (1978). "A Census of Middle American Testerian Manuscripts". Guide to Ethnohistorical Sources. University of Texas Press. p.3:281-96.
↑Norman, Ann (1985). "Testerian". Ph. D. dissertation (Tulane University).