Lingua hopi
| Lingua hopi | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Hopilàvayi | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
A lingua hopi[1] é unha lingua uto-azteca falada polo pobo hopi do nordeste de Arizona. O uso do hopi esmoreceu gradualmente ó longo do século XX. En 1990, estimouse que máis do 5 000 hopi falaban a lingua como primeira lingua (arredor do 75% da poboación), dos cales só 40 eran monolingües en hopi. Unha enquisa lingüística de 1998 en 200 hopi amosou que o 100% dos hopi de máis de 60 anos eran falantes fluídos, mais atendendo ós adultos entre 40 e 59 a cifra baixaba até o 84%. O 50% dos mozos adultos entre 20 e 39 anos eran falantes fluídos, e entre os nenos tan só o 5%.[2] O hopi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]
Malia as cifras á baixa, os hopi teñen programas de educación bilingüe en Arizona, e os nenos aprenden a súa lingua nativa como lingua vehicular.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada hopi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ "Status of Hopi language". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2015.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ azednews.com, ed. (7 de xullo de 2014). "Dual-language programs grow in Arizona public schools". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

