Lingua náhuatl de Tabasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Náhuatl do Tabasco
Falado en: México
Rexións: Tabasco
Total de falantes: 30 (2014)
Familia: Uto-azteca
 Nahua
  Náhuatl
   Oriental
    Náhuatl do Tabasco
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: nhc
Mapa
Status

O náhuatl de Tabasco está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua náhuatl de Tabasco é unha variedade da lingua náhuatl falada por unhas 30 persoas do pobo náhuatl en Cupilco, no estado mexicano de Tabasco. A lingua pertence á rama oriental do grupo de linguas nahuas e presenta unha serie de características diverxentes.[2] Está relacionada coas variedades de Mecayapan, Tatahuicapan de Juárez, Cosoleacaque e tamén está emparentado coa lingua pipil do Salvador.[3]

É a variante máis oriental en territorio mexicano, da cal quedan arredor de 30 falantes que residen na comunidade de Cupilco, no concello tabasqueño de Comalcalco. Está clasificado segundo o centro de investigacións Ethnologue na categoría de “8b”, é dicir, case extinto.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Tabasco Nawat: A *not* extinct Nahuatl variety
  3. García de León, p. 267
  4. Náhuatl tabasqueño

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García de León, Antonio. “La lengua de los ancianos de Jalupa, Tabasco”, en Estudios de Cultura Nahuatl, vol. 7, 1967.