Saltar ao contido

Caso gramatical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En gramática, o caso gramatical é a forma que adquire unha palabra (substantivos, adxectivos, pronomes ou determinantes) dependendo da función sintáctica que desempeñe. Este concepto é aplicábel en principio ás linguas flexivas e ás linguas aglutinantes. Ao conxunto de casos que ten unha palabra dada chámaselle declinación. Así, por exemplo, en latín existían seis casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo, dativo e ablativo), en grego clásico cinco (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo). Nas dúas linguas existen tamén trazas dos antigos locativo e instrumental.

Os casos poderían clasificarse nos seguintes subtipos:

  • caso formal: expresa unha relación puramente sintáctica entre o predicado e os sintagmas nominais. En latín sería o nominativo e o acusativo.
  • caso relacional: establece unha relación entre dous sintagmas nominais ou entre un sintagma nominal e un verbo. En latín serían o xenitivo e o dativo.
  • caso posicional: indica o lugar onde se dá ou ten lugar unha acción. En latín sería o ablativo.

Existen linguas cun sistema de casos posicionais moi desenvolvido, como o tabasarano, que posúe cincuenta e dous: entre eles o inlativo, o elativo, o ablativo, o adlativo, o sublativo, o delativo, o supralativo, o postlativo, o interlativo, o inesivo, o adesivo, o subesivo, o interesivo, o postesivo, ou o superesivo.

No grupo dos casos relacionais existen dous grandes sistemas nas linguas do mundo. Aquí do que se trata é de ver quen leva as marcas formais entre o suxeito dos verbos transitivos e intransitivos e o complemento directo dos verbos transitivos:

  • Se se marca dalgún xeito o Complemento Directo estaremos ante un sistema acusativo (no que o suxeito se pon en nominativo e o Complemento Directo en acusativo) -este sería o caso do latín e, dalgún xeito, o do galego;
  • Se o que se marca é o suxeito dos verbos transitivos e non o dos intransitivos nin o Complemento Directo, o primeiro irá en caso ergativo e os outros en absolutivo. É o que se chama un sistema de ergativo, propio entre outros do éuscaro.

Listaxe de casos

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe de casos tal e como se usan en varias linguas flexivas que teñen declinación.

Lugar e tempo

[editar | editar a fonte]
Nota: a maioría dos casos que expresan lugar e movemento empréganse tamén para indicar tempo.
CasoUsoExemploExiste en
Adesivolugar adxacentecerca de/xunto a/onda a casa estoniano | finés | húngaro | lituano
Inesivodentro de algodentro da casa erzya | estoniano | finés | húngaro
Locativolugarna casa belaruso | checo | húngaro (só nalgúns topónimos tradicionais) | saami inari | letón | lituano | saami setentrional | polaco | sánscrito | serbio | eslovaco | turco
Temporal(só usado con expresións de tempo)
especifica un momento
ás sete húngaro
Superesivona superficieenriba da casa húngaro

Movemento

[editar | editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Ablativomovemento desde algodesde a casa erzya | estoniano | finés | húngaro | inuktitut | sánscrito | turco
Adlativoen húngaro e en finés:
movemento cara a (cerca de) algo
en finés:
movemento cara a algo
cara a casa

á casa
erzya | estoniano | finés | húngaro | lituano | turco | oseto
Delativomovemento desde a superficiedesde (o alto d)a casa húngaro
Egresivomarca o inicio dun movemento ou tempoempezando desde a casa udmurt
Elativofóra de algofóra da casa erzya | estoniano | finés | húngaro
Inlativomovemento cara a dentro de algocara a dentro da casa erzya | estoniano | finés | húngaro | saami inari | lituano | saami setentrional
Lativomovemento cara a un lugará casa erzya | finés | turco
Prolativomovemento usando unha superficie ou víaa través da casa erzya | estoniano | finés
Prosecutivoporpola estrada kalaallisut
Sublativomovemento cara a superficiearriba cara a casa húngaro
Terminativomarca o final dun movemento ou tempoata a casa estoniano | húngaro
Vialpor, por medio depor medio da casa inuktitut

Cadro resumo dos principais casos

[editar | editar a fonte]
  interior superficie adxacencia
desde Elativo Delativo Ablativo
onda Inesivo Superesivo Adesivo
cara a Ilativo Sublativo Adlativo

Nivel morfosintáctico

[editar | editar a fonte]

Para os significados dos termos axente, paciente, experimentador, e instrumento, ver papeis theta.

CasoUsoExemploatópase en
Absolutivo (1)paciente, experimentadorempurrou a porta e abriuna éuscaro
Absolutivo (2)paciente, experimentador involuntarioela cruzou o xeo; el esvarou linguas nominativo-absolutivas
Absolutivo (3)paciente, experimentador; instrumentoel empurrou a porta coa súa man e abriuna inuktitut
Acusativo (1)pacienteela abriu a porta checo | erzya | Esperanto | finés | alemán | húngaro | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco
Acusativo (2)complemento directo dun verbo transitivo; feito de; acerca de; por un tempoeu véxoa inuktitut | persa | turco
Ergativoaxenteel empurrou a porta e abriuna éuscaro | checheno | xeorxiano | samoano
Ergativo-xenitivoaxente, posesiónel empurrou a porta e abriuna; o seu can. inuktitut
Instrumental/Instrutivoinstrumentopor medio da casa belaruso | checo | finés | xeorxiano | lituano | polaco | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco
Instrumental-comitativoinstrumento, na compaña de algocoa casa húngaro
Nominativo (1)axenteel empurrou a porta e abriuna linguas nominativo-acusativas
Nominativo (2)axente; experimentador voluntarioel abriu a porta; ela parou linguas nominativo-absolutivas
Obxectivocomplemento directo ou indirecto dun verbo ou réxime dunha preposición; un caso xeral para calquera situación non sendo nominativo ou xenitivoeu vina; eu deille o libro; con ela. inglés
Oblicuocaso xeral; calquera situación excepto nominativoen relación á casa hindi
Pasivo ou pacientesuxeito dun verbo intransitivo ou complemento lóxico dun verbo transitivoa porta abriuse linguas caucásicas

Relación

[editar | editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Ablativocaso indirecto xeralen relación coa casa inuktitut | latín | lituano
Benefactivopara, en beneficio depara a casa éuscaro | quechua
Causalpor, a causa dea causa da casa quechua
Causal-finalcausa eficiente ou finalpola casa húngaro
Comitativona compaña de algocoa casa estoniano | finés | saami inari | saami setentrional
Dativomostra dirección ou destinatariopara a casa belaruso | checo | erzya | xeorxiano | alemán | hindi | húngaro | inuktitut | latín | lituano | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco
Dedativo (Respectivo)relacionado conrelacionado coa casa quenya
Distributivodistribución en anacoscasa por casa finés | húngaro
Distributivo-temporalcon que frecuencia ocorre algodiariamente; os domingos húngaro
Xenitivomostra relación, posesiónda casa belaruso | checo | neerlandés | erzya | estoniano | finés | xeorxiano | alemán | grego | saami inari | latín | lituano | saami setentrional | polaco | romanés | ruso | sánscrito | serbio | eslovaco | sueco
Posesivoposesión directa de algoposuído pola casa inglés | quenya
Sociativoxunto con algocoa casa húngaro

Semántica

[editar | editar a fonte]
CasoUsoExemploatópase en
Disxuntivousado cando o suxeito se repite por énfase ou para especificar un suxeito plurala casa e o coche, ámbolos dous están aquí francés (só nos pronomes)
Partitivousado para cantidadestres (das) casas estoniano | finés | saami inari
Preposicionalcando unha preposición precede ao nomeen/con/para a casa ruso
Vocativousado para chamar a alguén, con ou sen preposiciónou, casa!
O casa!
casa!
árabe | belaruso (raro) | checo | xeorxiano | grego | hindi | latín | lituano | polaco | romanés | sánscrito | serbio
CasoUsoExemploatópase en
Abesivofalta de algosen a casa erzya | estoniano | finés | saami inari
Esivoestado temporal de existenciacomo a casa estoniano | finés | saami inari | inuktitut | exipcio medio | saami setentrional
Esivo-formalmarca unha condición como cualidadecomo unha casa húngaro
Esivo-modalmarca unha condición como cualidadecomo unha casa húngaro
Excesivomarca unha transición desde unha condicióna partir de ser unha casa estoniano | finés
Translativocambio dunha condición a outra(chegando a estar) na casa erzya | estoniano | finés | húngaro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Case (1994), de Barry J. Blake, editado en Cambridge University Press (ISBN 0-521-44661-9)
  • The Oxford handbook of case: studies in honor of Bernard Comrie (2008), editado por Greville G. Corbett, Michael Noonan en John Benjamins Publishing Company, Amsterdam & Philadelphia (ISBN 978-90-272-2994-6)