Saltar ao contido

Lingua tongva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua tongva
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Localización
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/097jt4 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3xgf Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5xgf Editar o valor en Wikidata
IETFxgf Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua tongva (tamén coñecida como gabrielino ou gabrieleño) é unha lingua morta[1][2] da familia uto-azteca, falada outrora polo pobo tongva, un pobo indíxena que habitou arredor da actual cidade dos Ánxeles, en California. Non é unha lingua de fala cotiá dende os anos corenta. O pobo tongva agora fala inglés, mais algúns están tentando revivir a súa lingua usándoa en conversacións cotiás e contextos cerimoniais. No presente, a lingua tamén se está a utilizar en clases de dinamización lingüística e nalgún debate público sobre cuestións relixiosas e ambientais.[3] O tongva está estreitamente relacionado coa lingua serrano.[4] Os nomes de varias cidades e barrios do sur de California son de orixe tongva, incluíndo Pacoima, Tujunga, Topanga, Azusa, Cahuenga no paso de Cahuenga e Cucamonga no Rancho Cucamonga.

Os derradeiros falantes nativos de tongva viviron a comezos do século XX. A lingua está documentada principalmente nas notas de campo inéditas de John Peabody Harrington feitas durante esa época. O "Proxecto J.P. Harrington", desenvolvido por The Smithsonian a través da Universidade de California, Davis, codificou para a súa documentación aproximadamente 6.000 páxinas das súas notas sobre a lingua tongva, traballo realizado por un membro tongva durante tres anos. Non se comprobou se uns supostos falantes nativos de tongva faleceron na década de 1970. O tongva está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[5]

O planetoide 50000 Quaoar recibiu o nome do deus creador tongva.[6]

Mrs. James Rosemeyre (nada como Narcisa Higuera), fotografada aquí en 1905, foi unha dos últimos falantes fluídos de tongva. Un informante para o etnógrafo C. Hart Merriam, foi a fonte do endónimo amplamente utilizado tongva.[7]
  1. Glottolog 4.4 – Tongva
  2. Gabrielino-Fernandeño –- MultiTree
  3. Fortier, Jana (decembro de 2008). Native American Consultation And Ethnographic Study, Ventura County, California (Informe). La Jolla, California: California Department of Transportation. pp. 13–14. Consultado o 17 de xuño de 2019.
  4. Golla, Victor (2011). California Indian Languages (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-26667-4.
  5. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  6. Byrd, Deborah (19 de febreiro de 2013). "Quaoar, a rocky world orbiting beyond Neptune". EarthSky. Consultado o 31 de agosto de 2014.
  7. Lepowsky, M. (2004). "Indian revolts and cargo cults: Ritual violence and revitalization in California and New Guinea". En Harkin, M. E. Reassessing revitalization movements: Perspectives from North America and the Pacific Island. Lincoln, NE: University of Nebraska Press. pp. 1–61. ISBN 9780803224063. Consultado o 19 de agosto de 2013.