Franz Boas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franz Boas
FranzBoas.jpg
Nome completoFranz Uri Boas
Nacemento9 de xullo de 1858
Lugar de nacementoMinden
Falecemento21 de decembro de 1942
Lugar de falecementoNova York
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino de Prusia, Estados Unidos de América e Alemaña
Alma máterRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn, Universidade de Kiel, Universidade de Heidelberg e Universidade de Kiel
Ocupaciónantropólogo, lingüista, profesor universitario, xeógrafo, filósofo, conservador e historiador da arte
FillosErnst Philip Boas e Franziska Boas
Coñecido porThe Mind of Primitive Man / Franz Boas
Na rede
http://www.franz-boas.com
WikiTree: Boas-86 Find a Grave: 6691333 Editar o valor em Wikidata
Franz Boas signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Franz Boas, nado en Minden (Renania do Norte-Westfalia) o 9 de xullo de 1858 e finado en Nova York o 21 de decembro de 1942, foi un antropólogo estadounidense de orixe xudeu-alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Franz Boas cursou os seus estudos na Universidade de Heidelberg e na Universidade de Bonn. En 1881 conseguiu o seu doutoramento en física e xeografía pola Universidade de Kiel. Durante 1883-1884, realizou unha expedición científica da illa de Baffin, na zona ártica. En 1886 participou noutra expedición por Vancouver (Canadá), para estudar distintos mananciais de auga, e Estados Unidos, onde máis tarde se estableceu en 1887. Nos Estados Unidos traballou como conservador no Museo Smithsoniano, e en 1899 comezou como profesor na Universidade de Columbia, onde creou e dirixiu o departamento de Antropoloxía e onde permaneceu o resto da súa carreira. Tivo unha grande influencia entre os seus estudantes de antropoloxía (algúns dos seus estudantes máis importantes foron: Ruth Benedict, Zora Neale, Edward Sapir).

O plan de estudos da antropoloxía que se ensinou máis tarde nas academias estadounidenses foi resultado de catro subdisciplinas que Boas cultivou: antropoloxía física, arqueoloxía, etnoloxía, e lingüística.

Foi cofundador da American Anthropological Association e dende 1931, presidente da American Association for the Advancement of Science (AAAS).

Durante 40 anos, Boas estivo estudando aos indios Kwakiutl, xunto á antropóloga Julia Averkieva. Realizou varias películas e un amplo material etnográfico para estudar xestos, hábitos motores, movementos corporais e danzas dos Kwakiutl, xunto a súa filla Franziska Boas. Considérase que Boas foi un dos primeiros investigadores en desenvolver a Antropoloxía Visual.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Nas contribucións de Boas ao pensamento antropolóxico destaca o relativismo cultural. Esta corrente baséase en que todos os sistemas culturais son iguais na súa valoración, non hai cultura máis ou menos correcta, mellor ou peor, e que todos os humanos observamos e xulgamos o mundo segundo a nosa cultura. E que as diferenzas entre distintas sociedades son resultado das condicións históricas, sociais e xeográficas. Para Boas, as culturas deben ser estudadas desde dentro, e non desde unha perspectiva etnocéntrica. Esta postura enfrontábase á corrente evolucionista enunciada por autores como Edward Tylor, que dicían que estas diferenzas son o resultado de idénticos niveis evolutivos progresivos que pasan todas as culturas. O pensamento de Boas e os seus discípulos cambiou a Antropoloxía Norteamericana.

Tamén foi un científico destacado pola súa loita contra o racismo, tanto na súa vida, como no seu traballo, co cal demostrou que a desigualdade racial non tiña unha orixe biolóxica, senón social. Foi o primeiro científico en afirmar que todas as persoas eran iguais. Boas cría que tratar temas sociais, como o racismo, é unha obriga dos antropólogos, e que estes non deberían ser estritamente obxectivos nos seus traballos, senón que tiñan que ter o seu propio punto de vista sobre a cultura.

Estableceu unha das máis influentes correntes antropóxicas: o Particularismo histórico. Esta corrente rexeitaba o modelo evolucionista da cultura, e dicía que cada cultura ten unha propia e única historia e polo tanto nega a posibilidade dunha perspectiva da ciencia dunha cultura xeneralizada. Non existe unha cultura global, cada cultura ten o seu camiño, e hai que estudalas por separado. Segundo Boas, para explicar as tradicións culturais necesitamos: as condicións medioambientais, factores psicolóxicos, e as conexións históricas, sendo esta última a máis importante. Rexeitou o determinismo xeográfico (interpretación xeográfica sobre os factores físicos para explicar os fenómenos sociais), tiña interese por mecanismos psicolóxicos e fisiolóxicos. Para estudar unha cultura Boas daba importancia ao punto de vista dos seus integrantes, pero sen deixarse influír (visión Emic). Fixo unha distinción analítica entre cultura, raza e linguaxe. Partindo do Particularismo non existe correspondencia entre entre a cultura, a raza e a linguaxe, o que cuestiona o pensamento racial da época que establecía unha correlación entre raza e cultura. Boas demostrou que os trazos raciais se transformaban ante novas influencias.

Tamén podemos destacar o seu uso do método indutivo, é dicir, centrarse no estudo dende o particular ao xeral, para non caer en xeralizacións pouco rigurosas de moitos antropólogos da época.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Mind of Primitive Man (1911)
  • Changes Inform of Body of Descendant of Immigrants (1911)
  • The Mind of Primitive Man (1911)
  • Primitive Art (1927)
  • Anthropology and Modern Life (1928)
  • Race, Language, and Culture (1940)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Valdés Gázquez, María (2006). El pensamiento antropológico de Franz Boas. Barcelona: Universitat Autònoma de Barcelona. ISBN 84-490-2443-9.  (en castelán)