Saltar ao contido

Lingua náhuatl de Guerrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua náhuatl de Guerrero
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
150000 (1998) Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
vulnerábel
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/0j7jyx4 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3ngu Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5ngu Editar o valor en Wikidata
IETFngu Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua náhuatl de Guerrero é unha variedade da lingua náhuatl falada no estado de Guerrero en México por unhas 125.000 persoas do pobo náhuatl. Tamén é coñecida como azteca de Guerrero. Fálase en varios concellos do Río Balsas incluíndo Tepecoacuilco de Trujano, Huitzuco de los Figueroa, Atenango del Río, Copalillo, Mártir de Cuilapan, Zitlala, Tixtla de Guerrero, Mochitlán, Quechultenango, Chilapa de Álvarez, Ahuacuotzingo, Olinalá, Atlixtac, Zapotitlan Tablas, Ayutla de los Libres, Cualác, Huamuxtitlán, Xochihuehuetlán, Tlapa de Comonfort, Alpoyeca, Xalpatláhuac e Alcozauca de Guerrero. Escríbese en alfabeto latino. Existen materiais de vídeo para o ensino da lingua, ademais dun dicionario nesta lingua. É unha lingua coa estrutura suxeito-verbo-obxecto. As palabras tenden a ser longas con afixos e clíticos. O náhuatl de Guerrero está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

O náhuatl de Guerreiro non é tonal. Un 'l' longo pronúnciase 'j'l (hl) na variedade de Guerrero, polo que a palabra para 'casa', que é 'calli' noutras variedades do náhuatl, pronúnciase 'calli' ou 'káhli' en Guerrero.[2]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  2. "Dictionary of Nahuatl terms, including the story of the flower Cuetlaxochitl (poinsetta).". Arquivado dende o orixinal o 2013-10-16. Consultado o 2013-05-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]