Linguas maias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas maias
Falado en: Sur de México, Guatemala, Belize, oeste de Honduras e O Salvador.
Rexións: Mesoamérica
Total de falantes:
Familia: Protomaia
 Linguas maias
Escrita: Escrita maia, alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: myn
Distribution-myn2.png

As linguas maias[1] forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias por nome,[2] e México recoñeceu oito máis.[3]

A familia maia é unha das mellores documentadas e máis estudadas das linguas americanas.[4] As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5.000 e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis pólas lingüísticas diferentes: a huasteca, quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombina da historia de mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 10.000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, poemas e códices,[5] combinada coa rica literatura poscolonial[6] maia escrita en alfabeto latino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada maia en Digalego
  2. Spence, et al. (1998).
  3. Achi' is counted as a variant of K'iche' by the Guatemalan government. Counting Achi' there are 30 living Mayan languages.
  4. Campbell (1997), p.165.
  5. Kettunen and Helmke (2005), p.6.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]