Consoante glotal
As consoantes glotais son todas aquelas articuladas na glote polas cordas vocais. Se estas se pechan totalmente producen unha oclusiva, sempre xorda [ʔ]. Se o peche das cordas vocais é incompleto pero suficiente para causar unha fricción audible, prodúcese unha fricativa xorda [h], e se ademais vibran, o resultado é unha consoante fricativa sonora [ɦ].
As consoantes glotais no Alfabeto Fonético Internacional:
IPA | Descrición | Exemplo | |||
---|---|---|---|---|---|
Lingua | Ortografía | IPA | Tradución | ||
Oclusiva glotal | Nukak | bai' | [baiʔ] | cuñado | |
Fricativa glotal sonora | Checo | Praha | [pra.ɦa] | Praga | |
Fricativa glotal xorda | Inglés | hat | [hæt] | sombreiro |
Varios fonetistas consideran que polo menos as glotais "fricativas" non son verdadeiras consoantes, senón que representan un estado transicional da glote (fonación) sen un lugar específico de articulación; entón [ɦ] sería unha transición pulmónica sonora que podería ser transcrita como [h̤].
O peche glotal [ʔ] pode considerarse como unha consoante típica, que ocorre en moitas linguas e é moi común entre as linguas amerindias. Xeralmente escríbese <'>, como na nasa yuwe, ou <‘>, como na lingua hawaiana, ou con diacríticos, como o hamza <ء> do alfabeto árabe. Nalgúns alfabetos en linguas indíxenas de América latina úsase a <h> para representar a oclusiva glotal.
O ayn de varias linguas semíticas, no alfabeto hebreo <ע>, en árabe <ﻉ>, pode representar unha consoante oclusiva glotal farinxalizada [ʔˁ] ou unha fricativa farínxea xorda [ħ].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I: fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-060-8.