Lingua huichol
| Lingua huichol | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O huichostle ou huichol é unha lingua da familia uto-azteca falada en México polo pobo huichol, que se chama a si mesmo Wixarika e que habita nos estados mexicanos de Nayarit como grupo maioritario, Xalisco, Durango e Zacatecas. A lingua está recoñecida pola "Lei de Dereitos Lingüísticos" como unha "lingua nacional" de México, xunto con outras 62 linguas indíxenas e o castelán.[1] O nome huichol provén da adaptación ó náhuatl do autónimo wixarika, debido a que en lingua huichol o "a" pode chegar a escoitarse como "o"; r e l son alófonos e a pronuncia de x que era sibilante foi interpretada como africada tz entre os séculos XVII e XVIII (época en que puido ocorrer o préstamo da palabra), máis a perda da sílaba -ka, deu como resultado huitzol en náhuatl e a súa castelanización huichol.[2]
En México ten recoñecemento como lingua nacional.[3] O huichol está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
Clasificación
[editar | editar a fonte]O huichol é unha lingua uto-azteca, do grupo sonorense ou mexicano, do mesmo xeito que o pima, o mayo ou o náhuatl. A lingua máis achegada ó huichol é o cora ou nayeri, xunto co cal forma a póla lingüística corachol. A rexión huichol aséntase no espiñazo da Serra Madre Occidental, no estado de Xalisco. Os huicholes habitan nos concellos de Huejuquilla el Alto, Mezquitic e Bolaños, ó norte do estado de Xalisco, así como en La Yesca e El Nayar, no estado de Nayarit, e hai grupos minoritarios nos estados de Zacatecas e Durango.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas (2003, SEP)". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2009. Consultado o 12 de outubro de 2009.
- ↑ Iturrioz Leza, J. L. «Etimología de las palabras wisalika y huichol». Guadalajara, Niuki / Revista cuatrimestral de divulgación académica y cultural, No. 2 mayo-agosto 2007. pp. 19-31. ISSN 1870-9613.
- ↑ "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 08 de febreiro de 2007.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

