Consoante palatal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As consoantes palatais son consoantes articuladas co corpo da lingua elevado contra o padal duro (a parte media da cavidade superior da boca). As consoantes articuladas co ápice da lingua curvada cara a atrás contra o padal chámanse retroflexas.

As consoantes palatalizadas son consoantes con outra articulación primaria que teñen como articulación secundaria a articulación palatal, é dicir, estas consoantes pronúncianse ademais de coa obstrución ou estreitamento no punto de articulación primario articúlanse coa elevación da parte media de lingua cara ó padal duro. Este tipo de articulación palatalizada é común en moitos fonemas das linguas eslavas e en moitas consoantes palato-alveolares doutras linguas.

As consoantes palatais que teñen signos específicos no Alfabeto Fonético Internacional son:

AFI Descrición Exemplo
Lingua Ortografía AFI Significado
Xsampa-J.png Nasal palatal Castelán año [aɲo] 'Ano'
Xsampa-c.png Oclusiva palatal sorda Húngaro hattyú [] 'cisne'
Xsampa-Jslash.png Oclusiva palatal sonora Margi ɟaɗí [ɟaɗí] 'chepa dunha vaca'
Xsampa-C2.png Fricativa palatal sorda Alemán nicht [çt] 'non'
Xsampa-jslash2.png Fricativa palatal sonora Castelán rayo [raʝo] 'raio'
Xsampa-j2.png Aproximante palatal Inglés yes [jɛs] 'si'
Xsampa-L2.png Aproximante lateral palatal Italiano gli [ʎi] 'os' (masculino plural)
Xsampa-Jslash lessthan.png Implosiva palatal sonora Suahili hujambo [huʄambo] 'ola'
Xsampa-equalsslash.png clic palatal Nǁng ǂoo [ǂoo] home

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]