Lingua cupeña
| Lingua cupeña | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O cupeño é unha lingua morta da familia uto-azteca, a cal foi falada anteriormente polo pobo cupeño do sur de California. Roscinda Nolasquez (finada en 1987) foi a derradeira falante nativa de cupeño.[1] O pobo cupeño fala exclusivamente inglés. O nome nativo da lingua, kupangaxwicham, quere dicir 'xente do lugar para durmir' referíndose á súa terra natal tradicional, anterior a 1902, de Ktipa (na base de Warner's Hot Springs).[2][3] Unha aldea máis pequena estaba situada ao sur de Ktipa, chamada Wildkalpa. O cupeño está clasificado como morta polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
Ao longo da década de 1890 debateuse sobre se se debería ou non permitir que os cupeños seguisen vivindo no territorio tradicional cupeño.[2] Despois de moitos anos de protestas públicas, a Corte Suprema de California decidiu trasladar o pobo cupeño á reserva de Pala.[2][3]
O cupeño ten influencia lingüística tanto das linguas que o precederon como das yumanas faladas polos ipai, que comparten a súa fronteira sur.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hill, Jane H. (2005-10-18). A Grammar of Cupeño. UC Publications in Linguistics 136. University of California Press.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Sturtevant, William C. (1978). Handbook of North American Indians 8. California: Smithsonian Institution.
- ↑ 3,0 3,1 "Did you know Cupeño is awakening?". Endangered Languages (en inglés). Consultado o 2022-07-11.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

