Dumbarton
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Escocia | |||
| Concello | West Dunbartonshire (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 20.560 (2016) | |||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | G82 | |||
| Fuso horario | ||||
Dumbarton (en gaélico escocés: Dùn Breatainn) é unha localidade e burgo de Escocia, situado na beira norte do río Clyde na desembocadura do seu afluente o río Leven no estuario ou fiorde de Clyde. Dumbarton é a capital administrativa do concello de West Dunbartonshire. En 2011, a vila tiña unha poboación de 19 969 habitantes, e a área metropolitana xunto con Alexandria, Bonhill e Renton, unha poboación estimada de 44 690 habitantes.[1]
Dumbarton foi a capital do antigo Reino de Strathclyde, e máis tarde a capital do condado de Dumbartonshire. O nome provén do gaélico escocés Dùn Breatainn que significa «fortaleza dos británicos».[2] O castelo de Dumbarton está asentado na parte superior da Dumbarton Rock, que domina a zona. A cidade foi burgo real entre 1222 e 1975.[3]
A economía de Dumbarton emerxeu no século XIX ó converterse en centro de produción naval, de vidro e de whisky. Porén, estas industrias co paso do tempo diminuíron ou desapareceron totalmente, e hoxe en día practicamente funciona como unha cidade dormitorio de Glasgow, ó estar situada a 21 quilómetros da mesma. A cidade ten equipo propio de fútbol, o Dumbarton FC.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "General Register Office for Scotland - Statistics - Publications and Data". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 24 de xuño de 2018.
- ↑ "Groome Gazetteer entry for DUMBARTON".
- ↑ "Vision de Gran Bretaña". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dumbarton |
