A diferenza do circuíto de Spa-Francorchamps, as amplas zonas de escape deseñadas en 1971 permitían evitar accidentes (pola maior visibilidade) e diminuía as consecuencias. Iso tamén causaba que os espectadores debesen situarse lonxe da pista, o que combinado co deseño plano do circuíto xerou rexeitamento por parte de pilotos e espectadores. O autódromo continuou usándose para carreiras de motociclismo ata o ano 1981.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Nivelles-Baulers