Padua
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Véneto | ||||
Provincias | Provincia de Padua | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 206.496 (2023) (2.219,67 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana Lingua véneta | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 93,03 km² | ||||
Bañado por | Bacchiglione (en) | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Comparte fronteira con | Abano Terme Saonara (pt) Rubano Selvazzano Dentro (pt) Vigonovo (pt) Vigodarzere (pt) Vigonza (pt) Ponte San Nicolò (pt) Limena (pt) Albignasego (pt) Noventa Padovana (pt) Cadoneghe (pt) Legnaro (pt) Villafranca Padovana (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1183 a. C. | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Antón de Padua | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35121–35143 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 049 | ||||
Identificador ISTAT | 028060 | ||||
Código catastral italiano | G224 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.padova.it | ||||
A cidade de Padua[1] (en latín Patavium, en italiano Padova, en véneto Padoa) é o centro económico e de comunicacións da rexión do Véneto, no norte de Italia. É así mesmo a capital da provincia homónima, sobre o río Bacchiglione, a 40 km ao oeste de Venecia e a 29 km no sueste de Vicenza, cunha poboación de 211.985, en 2004.
A comuna de Padua esténdese por unha área de 92 km²2 e ten límites cos concellos de Abano Terme, Albignasego, Cadoneghe, Legnaro, Limena, Noventa Padovana, Ponte San Nicolò, Rubano, Saonara, Selvazzano Dentro, Vigodarzere, Vigonovo, Vigonza e Villafranca Padovana.
Padua é unha cidade cunha vinculación moi importante coa vida universitaria, dado que un terzo da súa poboación é estudante. A universidade, fundada en 1222, é unha das mes antigas de Europa e do mundo. Entre os seus profesores máis celebras destacan Galileo e William Harvey.
Monumentos
[editar | editar a fonte]En Padua hai moitos monumentos e lugares de interese artística. Entre eles destacan Prato della Valle, praza de época napoleónica coñecida pola súa amplitude, e a capela dos Scrovegni, polos frescos de Giotto, que constitúe unha das obras máis importantes deste pintor. Ademais, resultan agradables para unha visita: a Basílica de San Antonio, patrón da cidade; o Palazzo della Ragione, sede do Goberno da cidade na Idade Media, que separa a Piazza delle Erbe (praza das Herbas) da Piazza della Frutta (praza da Froita); a igrexa dos Eremitani; o Palazzo Moroni, actual localización da casa do concello e a catedral.
Universidade
[editar | editar a fonte]Padua é famosa, tamén, pola súa universidade, unha das máis antigas de Europa e do mundo. Fundouse en 1222 e nas súas aulas ensinaron científicos tan célebres como Galileo ou William Harvey. Actualmente ten máis de 60.000 estudantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1546. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Xardín Botánico de Padua, o xardín botánico máis antigo do mundo.
- Capela dos Scrovegni, pequena igrexa nomeada Patrimonio da Humanidade polos seus frescos de Giotto.