Saltar ao contido

Ducado de Milán

Ducado de Milán
 Nome orixinal
   Ducatus Mediolanensis (la)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Epónimo
 Cargo dirixente
Características
 Lingua oficial
 Forma de goberno
 Relixión
 Relixión oficial
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: duque de Milán Editar o valor en Wikidata
Francesco Sforza (pt) Traducir (1450 - 1466)
João Galeácio Visconti (pt) Traducir (1395 - 1402)
Giovanni Maria Visconti (1402 - 1412)
Ludovico Sforza (1479 - 1500)
Galeazzo Maria Sforza (1466 - 1476)
Gian Galeazzo Sforza (1476 - 1479)
Filippo Maria Visconti (1412 - 1447) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
11 de maio de 1395 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
17 de outubro de 1797 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Golden Ambrosian Republic (en) Traducir (1447 - 1450) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Golden Ambrosian Republic (en) Traducir (1447 - 1450)
province of Milan (en) Traducir (1786 - 1797) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
(1402)
Códigos e identificadores
VIAF154149717646410952073 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03276d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX456450
Wikidata C:Commons

O Ducado de Milán, tamén chamado Milanesado ou Estado de Milán, foi durante a Idade Media a principal potencia do norte de Italia.

O ducado foi creado en 1395 por Gian Galeazzo Visconti, señor de Milán. Cando a dinastía Visconti se extinguiu en 1447, Milán foi declarado unha República, a pesar das pretensións do duque de Orleáns, lexítimo herdeiro. Orleáns foi incapaz de tomar posesión da súa herdanza, pero a República durou pouco. O aventureiro Francesco Sforza, casado cunha filla do último Visconti, tomou Milán en 1450, autoproclamándose duque.

Dominio francés

[editar | editar a fonte]

En 1498 o fillo do duque de Orleáns converteuse en rei de Francia como Lois XII e pretendeu facer efectivas as reclamacións do seu pai sobre Milán, invadíndoo e expulsando a Ludovico Sforza en 1499. Este dominio francés durou até 1513, cando forzas suízas repuxeron ao fillo de Ludovico, Massimiliano, no trono. En 1515 os franceses, baixo Francisco I de Francia, venceron na batalla de Marignano, capturando a Massimiliano e retomando o ducado. De novo foron expulsados en 1521; desta vez, as forzas austríacas coroaron ao irmán de Massimiliano, Francesco II Sforza.

Despois da decisiva derrota francesa na Batalla de Pavia (1525), que deixou a Carlos I de España como principal forza en Italia, Francesco uniuse á Liga de Cognac, xunto ás repúblicas de Venecia, Florencia, o papa Clemente VII e os franceses en contra de Carlos V. Isto levou á rápida expulsión de Francesco de Milán por forzas imperiais, aínda que mantivo algún control sobre outras cidades do ducado, e acabou recuperando Milán polo Tratado de Cambrai (1529).

Dominio español

[editar | editar a fonte]

Cando Francesco morreu sen herdeiros en 1535, abriuse unha pugna entre Francisco I de Francia e o emperador Carlos V pola súa sucesión. Despois varias guerras, o emperador anexionou o ducado, investindo ao seu fillo Filipe como duque. Finalmente, o Tratado de Cateau-Cambrésis de 1559 recoñeceu a anexión do Milanesado por parte de España.

O ducado de Milán seguiu sendo español até a Guerra de Sucesión Española, no século XVIII. Despois da morte de Carlos II herdou as súas posesións Filipe de Anjou, ao que se opuxo o Arquiduque Carlos de Austria quen tamén tiña pretensións á coroa española.

Dominio imperial

[editar | editar a fonte]
Italia setentrional en 1796

O 26 de setembro de 1706 as tropas austríacas tomaron Milán, que pasou a mans do Arquiduque de Austria. Esta situación de dominación austríaca confirmouse legalmente no Tratado de Utrecht. O ducado foi definitivamente ratificado como posesión dos Habsburgo polo Tratado de Baden de 1714.

Dominio napoleónico

[editar | editar a fonte]

Así permaneceu até a súa conquista por parte de Napoleón Bonaparte, durante as Guerras napoleónicas, en 1796. O ducado foi cedido polo Tratado de Campoformio á nacente República Cisalpina.

Unificación italiana

[editar | editar a fonte]

A restauración, despois do Congreso de Viena, significou o seu retorno a Austria, aínda que pronto foi obxectivo do nacionalismo italiano, sendo conquistado polo reino do Piemonte durante as guerras que levaron á unificación italiana.

Gobernantes do Ducado de Milán

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos gobernantes de Milán desde o século XIII até 1859, cando Milán e o resto da Lombardía foron incorporados ao Reino de Piemonte-Sardeña.

Nome Mandato Notas
Señores de Milán, casas de della Torre (tamén coñecida como Torriani) e Visconti (11971395)
Pagano I della Torre11971241
Pagano II della Torre12471257
Manfredo Lancia12531256
Martín della Torre12571259
Oberto Pelavicino12591264
Filipe della Torre12631265
Napoleón della Torre12651277
Otón Visconti, Arcebispo de Milán12771294
Mateo I Visconti12941302
Guido della Torre13021311
Mateo I Visconti13111322(reposto)
Galeazzo I Visconti13221327
Azzone Visconti13291339
Luchino Visconti13391349
Giovanni Visconti, Arcebispo de Milán13491354
Mateo II Visconti13491355
Galeazzo II Visconti13491378
Bernabé Visconti13491385
Gian Galeazzo Visconti13781395
Duques de Milán, casa de Visconti (13951447)
Gian Galeazzo Visconti13951402
Giovanni Maria Visconti14021412Fillo de Gian Galeazzo; asasinado
Filipe María Visconti14121447Irmán de Gian María
República Ambrosiana (14471450)
República Ambrosiana
Duques de Milán, casa de Sforza (14501499)
Francisco I Sforza14501466casado cunha filla de Filipe María
Galeazo María Sforza14661476Fillo de Francisco
Gian Galeazzo Sforza14761494Fillo de Galeazzo María
Ludovico Sforza14941499fillo de Francisco
Duques de Milán, alternancia das casas de Sforza e Valois - guerras hispano-francesas de Milán (14991540)
Lois XII de Francia14991500neto de Valentina, filla de Gian Galeazzo Visconti
Ludovico Sforza1500(reposto)
Lois XII de Francia15001512(reposto)
Maximiliano Sforza15121515fillo de Ludovico
Francisco I de Francia15151525bisneto de Valentina
Francisco II Sforza15251535fillo de Ludovico, irmán de Maximiliano
Duques de Milán, casas de Austria e de Borbón - goberno español (15401706)
Filipe II de España15401598Despois da morte de Francisco II, o emperador Carlos V reclamou o ducado para o seu fillo Filipe.
Filipe III de España15981621fillo de Filipe II
Filipe IV de España16211665fillo de Filipe III
Carlos II de España16651700fillo de Filipe IV
Filipe V de España17001706bisneto de Filipe IV
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1706-1797)
Carlos VI17061740bisneto de Filipe III
María Tareixa I de Austria17401780filla de Carlos VI
Xosé II de Habsburgo17801790fillo de María Teresa
Leopoldo II de Austria17901792irmán de Xosé II
Francisco I de Austria17921797fillo de Leopoldo II
República Cisalpina (17971799)
República Cisalpina
Duques de Milán, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1799-1800)
Francisco I de Austria17991800(reposto)
Comisión Imperial do conde de Mantua 1800
República Cisalpina restaurada (18001805)
Comisión Extraordinaria de Goberno18001802
Napoleón Bonaparte18021805Presidente da República Cisalpina
Reis de Reino de Italia, casa Bonaparte - goberno francés (1805-1814)
Napoleón Bonaparte18051814previamente Presidente da República Cisalpina
Eugène de Beauharnais 18051814 Vicerri do Reino de Italia
Reis de Lombardía-Venecia, casa de Habsburgo - goberno austríaco (1814-1859)
Francisco I de Austria18141835previamente Duque de Milán
Príncipe Henrique XV Reuss zu Plauen 18141815 Vicerrei de Francisco I
Conde Federico Henrique von Bellegarde 18151816 Vicerrei de Francisco I
Arquiduque Antón Vítor de Austria 18161818 Vicerrei de Francisco I
Arquiduque Rainiero de Austria 18181835 Vicerrei de Francisco I
Fernando I de Austria18351848fillo de Francisco I
Arquiduque Rainiero de Austria 18351848 Vicerrei de Fernando I
Francisco Xosé I de Austria18481859primo de Fernando I
Conde Joseph Radetzky von Radetz 18481857 Vicerrei de Francisco Xosé
Arquiduque Maximiliano de Austria 18571859 Vicerrei de Francisco Xosé
Conde Ferencz Gyulai 1859 Vicerrei de Francisco Xosé
Baron Heinrich Hermann von Hess 1859 Vicerrei de Francisco Xosé

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cappelli, Adriano (1898): Cronologia Cronografia e Calendario Perpetuo. Milán: Hoepli. ISBN 88-203-2502-0
  • VV. AA. (1844): Milano e il suo territorio, Volume 1, Ed. Picola, páx. 85

Outros artigos

[editar | editar a fonte]