Gregorio XIV, papa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (it) Niccolò Sfondrati 11 de febreiro de 1535 Somma Lombardo |
| Morte | 16 de outubro de 1591 Roma |
| Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
| 5 de decembro de 1590 – 16 de outubro de 1591 ← Urbano VII – Inocencio IX → | |
| 12 de decembro de 1583 – | |
| Bispo diocesano | |
| 13 de marzo de 1560 – ← Federico Cesi (pt) Diocese: Diocese de Cremona (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Perugia Universidade de Padua Universidade de Pavia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
| Ocupación | bispo católico (1564–), sacerdote católico (1560 (Gregoriano)–), político |
| Consagración | Carlos Borromeo |
| Participou en | |
| 8 de outubro de 1590 | Conclave do outono de 1590 (pt) |
| 7 de setembro de 1590 | Conclave de setembro de 1590 (pt) |
| 21 de abril de 1585 | Conclave de 1585 (pt) |
| Familia | |
| Familia | Sfondrati |
| Cónxuxe | sen valor |
| Pais | Francesco Sfondrati |
| Irmáns | Paolo Sfondrati |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.
En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.
Orixes e formación
[editar | editar a fonte]Nado Niccolò Sfondrati na comuna de Somma Lombardo (actualmente na provincia de Varese rexión da Lombardía, cando formaba parte do Ducado de Milán),[1] na clase alta da sociedade milanesa, pero foi coñecido polo seu modesto estilo de vida e rigurosa devoción. O seu pai era Francesco Sfondrati, un senador da antiga comuna de Milán nomeado cardeal polo papa Paulo III e a súa nai era Anna Visconti, membro da Casa de Visconti e quen faleceu durante o parto.
Carreira eclesiástica
[editar | editar a fonte]Foi ordenado sacerdote en 1551[1] e en 1560 foi consagrado bispo de Cremona polo cardeal Carlos Borromeo, participando no Concilio de Trento entre 1561 e 1563 e sendo membro da comisión pro índice librorum en 1562.
Cardenalato
[editar | editar a fonte]O 12 de decembro de 1583 foi nomeado por Gregorio XIII cardeal presbítero de Santa Icía. Durante este tempo foi amigo próximo de san Filipe Neri, quen predixo a súa elección como Sumo Pontífice.
Papado
[editar | editar a fonte]Elección
[editar | editar a fonte]Á morte de Urbano VII foi elixido o seu sucesor nun conclave que se prolongou durante máis de dous meses debido á inxerencia no mesmo do que pretendía que o elixido fose un dos sete cardeais que o rei español Filipe II consideraba adecuados para ocupar o solio pontificio.
Actuación pontifical
[editar | editar a fonte]O papa Gregorio XIV non contaba con experiencia política, razón pola cal cedeu a administración diplomática ao seu sobriño, o cardeal Paolo Emilio Sfondrati.[2] Presidiu dous consistorios nos cales nomeou a cinco novos cardeais.
O seu mandato non estivo marcado por grandes acontecementos ou problemas. O único feito relevante do mesmo foi que, instigado polo rei de España e o duque de Mayenne, excomulgou a Henrique IV de Francia, que se puxera de acordo cos reformistas,[3] declarándoo herexe para despois privalo dos seus dominios. Tras isto, ofreceu a Filipe II o trono de Francia como sucesor de Henrique III de Valois, o cal obrigou á conversión ao catolicismo do sucesor lexítimo Henrique IV para acceder ao trono francés.[2]
Profecía de san Malaquías
[editar | editar a fonte]Se se aplicasen as profecías san Malaquías, a este Papa lle correspondería o lema Ex antiquitate urbis (Da antigüidade da cidade). Con todo, o lema aplícase mellor ao cardeal que, no conclave de 1590, disputáballe o solio papal, Girolamo Simoncelli. Simoncelli era orixinario de Orvieto (Urbs Vetus en latín, é dicir, cidade-antiga); pola contra, para facer que a Sfrondati lle encaixe o lema Ex antiquitate urbis, hai que dicir xeneralidades. A raíz deste dato o xesuíta Claude-François Menestrier demostrou en 1689 que a lista atribuída a san Malaquías de Armagh é unha falsificación orixinada no mesmo Simoncelli ou algún do seu partido para favorecer a súa candidatura á morte de Urbano VII.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 The Cardinals of the Holy Roman Church Arquivado 18 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (inglés), URL último acceso o 01/05/2007.
- 1 2 Vidal Manzanares, César (1997), pp. 67.
- ↑ Gregorio XIV, Historia de la Iglesia, Conoze, URL último acceso o 01/05/2007.
- ↑ Ménestrier, Claude-Franóis (1689lugar-publicación=París). Réfutation des prétendues prophéties de St Malachie.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |