Henrique III de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenrique III de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Henri III de Valois Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1551 Editar o valor em Wikidata
Castelo de Fontainebleau, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1589 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Castelo de Saint-Cloud, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida de arma branca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Rei de Francia
9 de xuño de 1574 – 2 de agosto de 1589
← Carlos IX de França (pt) TraducirHenrique IV de Francia →
Rei de Polonia
11 de maio de 1573 (Gregoriano) – 18 de xuño de 1574 (Gregoriano)
← Sexismundo II Augusto de PoloniaAnna Jagiellon (pt) Traducir →
Duke of Anjou (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneralíssimo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGrand Duke of Lithuania (en) Traducir
Rei de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLuísa de Lorena-Vaudémont (1575 (Gregoriano)–1589)
ParellaFrançoise Babou de La Bourdaisière (en) Traducir
La Belle Châteauneuf (en) Traducir
Veronica Franco (pt) Traducir
Jeanne de Laval (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenrique II de Francia Editar o valor em Wikidata  e Catarina de Medici Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoana da França (1556) (pt) Traducir, Victorie de Valois, Diane de France, Isabel de Valois, Rainha de Espanha (pt) Traducir, Cláudia de Valois (pt) Traducir, Francisco II de Francia, Carlos IX de França (pt) Traducir, Francisco, Duque de Anjou (pt) Traducir, Lois III de Orleáns, Henri d'Angoulême (en) Traducir e Margarida de Valois (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Valois-313 Find a Grave: 21078 Editar o valor em Wikidata

Henrique III de Francia, nado en Fontainebleau o 19 de setembro de 1551 e finado en Saint-Cloud o 2 de agosto de 1589, foi duque de Angulema (1551-1574) duque de Anjou (1566 - 1576), duque de Orleáns (1560 - 1574), rei de Polonia (1573 -1574) e rei de Francia (1574-1589), o último da dinastía Valois.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Naceu no palacio real de Saint Germain-en-Laye, fillo do rei Henrique II de Francia e da súa muller Catarina de Medici. Era neto por liña paterna do rei Francisco I de Francia e da princesa Claudia de Francia, e por liña materna do duque Lourenzo II de Medici e da condesa Magdalena de La Tour. Era irmán dos tamén reis Francisco II de Francia e Carlos IX de Francia, os últimos reis da rama Valois-Angulema, da dinastía Valois.

Mocidade[editar | editar a fonte]

Bautizárono co nome de Alexandre Eduardo de Valois. En 1560, cando faleceu o seu irmán Francisco II de Francia, o outro irmán Carlos foi nomeado rei e converteuse en duque de Angulema e duque de Orleáns. O 17 de marzo de 1564, logo da súa confirmación, adoptou o nome de Henrique. En 1566 converteuse en duque de Anjou.

Á idade de 16 anos, a súa nai nomeouno tenente xeneral do reino. Participou activamente nas vitorias católicas de Jarnac e Moncontour sobre os hugonotes durante as guerras de relixión francesas.

Rei de Polonia[editar | editar a fonte]

Elección de Henrique de Valois, duque de Anjou, como rei de Polonia en 1573. Retrato de Jan Matejko.

O 11 de maio de 1573 Henrique de Valois é elixido rei de Polonia. Reinará nominalmente desde o 24 de xaneiro, día en que chegou ao país, ata o 18 de xuño de 1574.

Nesta época (1572 - 1575) tivo como amante á cortesá Renata de Rieux, un asunto que lle duraría ata que casou co duque de Anjou.

Henrique de Valois foi elixido rei de Polonia-Lituania nunha época en que este reino pasou unha crise sucesoria á morte de Augusto II de Polonia sen sucesión. Así, entre 1572 e 1791, elixíronse reis individuais á fronte das dinastías reinantes.

Rei de Francia[editar | editar a fonte]

O 30 de maio de 1574, tras a morte do seu irmán Carlos IX, abandonou Polonia e renunciou á súa coroa para obter o trono de Francia. É coroado como rei en Reims o 13 de febreiro de 1575 co nome de Henrique III.

Matrimonio e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou o 15 de febreiro de 1575 coa duquesa Luísa de Lorena, filla do duque Nicolao de Mercoer e de Margarida de Egmont. Desta unión non tivo fillos.

Reinado[editar | editar a fonte]

Henrique de Valois, duque de Anjou. Retrato de François Clouet (1570).

O seu reinado caracterízase polas continuas guerras de relixión en Francia, de envergadura política e económica.

En 1560 asinou o edicto de Beaulieu, polo cal facía concesións aos hugonotes. Isto levou a que Henrique I de Guisa, partidario do rei católico, extremase a súa ideoloxía relixiosa e formase a Liga Católica para defender os intereses católicos. Este sindicato logrou rescindir boa parte das concesións permitidas no anterior edicto.

En 1584 a morte do irmán máis novo do rei, Francisco de Francia, duque de Anjou, fixo que o herdeiro da coroa pasase a ser, en ausencia dun fillo de Henrique III, o rei Henrique III de Navarra. Este era descendente de Lois IX de Francia e cuñado de Henrique III polo seu matrimonio con Margarida de Valois. Segundo a Lei sálica en Francia, non podería reinar. Pero Henrique de Navarra era protestante e baixo a presión do duque de Guisa, Henrique III anulou o dereito de Henrique de Navarra ao trono francés.

O duque de Guisa chegou a conseguir moito poder polo que Henrique III de Francia ordenou a súa morte o 23 de decembro de 1588, cando este conspiraba contra o rei.

O 1 de agosto de 1589 Henrique III de Francia foi asasinado polo dominico Jacques Clement, membro da Liga, rematando coa dinastía Valois. O seu primo e cuñado Henrique de Navarra reinará co nome de Henrique IV de Francia, quen foi o primeiro rei da nova dinastía borbónica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]