Filmes de Malawi propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Malawi presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez no ano 2018.[3][4] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[5] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[6]
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[5] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Malawi para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
2018 (91ª) |
The Road to Sunrise[8] | Chewa, inglés | Shemu Joyah | Non nomeado |
2021 (94ª) |
Fatsani: A Tale of Survival[9] | Chewa, inglés | Gift Sukez Sukali | Non nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "87 Countries In Competition for 2018 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 8 de outubro de 2018.
- ↑ Kilday, Gregg (8 de outubro de 2018). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 87 Countries Submit Films in Foreign-Language Category". Consultado o 8 de outubro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Gondwe, Edith (11 de outubro de 2018). The Nation, ed. "The Road to Sunrise up for Oscars". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2018.
- ↑ "Malawi Oscars committee nominates Fatsani for Academy Award". Malawi24. 14 de outubro de 2021. Consultado o 14 de outubro de 2021.