Padrón: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Padrón (La Coruña) por cbk-zam:Padrón |
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Padrón |
||
Liña 248: | Liña 248: | ||
[[br:Padrón]] |
[[br:Padrón]] |
||
[[ca:Padrón]] |
[[ca:Padrón]] |
||
[[cbk-zam:Padrón]] |
|||
[[cs:Padrón]] |
[[cs:Padrón]] |
||
[[de:Padrón]] |
[[de:Padrón]] |
Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 20:12
Coordenadas: 42°43′59.88″N 8°39′0″O / 42.7333000, -8.65000
Padrón | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | padronés - iriense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Sar |
Poboación | 8.882 hab. (2012)[2][3] |
Área | 48,4 km²[3] |
Densidade | 183,51 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 parroquias[4] |
Política (2011) | |
Alcalde | Antonio Fernández Angueira (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: C.I.PA 1, PGD 2, CIDEGA 1 |
Eleccións municipais en Padrón | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 97,44% |
Na rede | |
www.concellodepadron.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Padrón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o IGE en 2012 tiña 8.882 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».
Evolución da poboación de Padrón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.415 | 7.351 | 8.505 | 9.948 | 9.070 | 8.985 | 8.882 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Etimoloxía
O topónimo da vila procede de "pedrón" (do latín "Petronem"), do altar de orixe romana adicado ao deus Neptuno, localizado orixinalmente na beira esquerda do río Sar e levado no século XV ao interior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.
Xeografía
O concello, dunha superficie de 48,37 km², abrangue 5 parroquias. Está situado ás beiras do río Sar, xa na súa desembocadura na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa. Limita ao noroeste co concello de Teo, ao sueste coa Estrada, ao sur con Pontecesures, ao suroeste con Dodro e ao noroeste con Rois.
Historia
No concello de Padrón apenas hai restos anteriores á romanización, debido posiblemente a que a desembocadura do río Sar é unha zona pantanosa. A primeira poboación da que se ten constancia é Iria Flavia, fundada posiblemente durante a dinastía dos Flavios, entre os anos 69 e 96.
A economía dos primeiros poboadores debeu estar baseada na pesca e o marisqueo, como demostran os restos arqueolóxicos atopados nos arredores como conchas de bivalvos, cerámicas especiais e unha serie de obxectos representativos.
A tradición di que cara ao ano 34 desembarcou en Iria o Apóstolo Santiago, e que amarrou a súa barca á ara antes mencionada. Conta a lenda que os seus discípulos Teodoro e Anastasio trouxeron os seus restos mortais desde Xudea no ano 44, enterrándoo nun outeiro río Sar arriba, no que hoxe é Santiago de Compostela, no monte Libredón, onde se construíu a catedral de Santiago.
Trala chegada do Catolicismo e o reino de Galiza, na Idade Media constituíuse a diocese de Iria, cuxa historia aparece reflectida no Chronicon Iriense. Desde o descubrimento dos restos do Apóstolo durante o bispado de Teodomiro, Padrón convértese en lugar de paso da vía dos peregrinos que chegan por mar, pero tamén en obxectivo para as saqueadores viquingos e normandos entre os séculos X e XI (véxase viquingos en Galicia), polo que Afonso V mandou reconstruír en Catoira as Torres do Oeste, sobre os restos do Castellum honesti de orixe romana. Con esta defensa, a vila de Padrón tivo gran prosperidade durante os séculos XII e XIII. En 1156 o rei Afonso VII doou ao plebeo Sancho Eanes o couto de Lampai, situado na parroquia de Cruces.
O arcebispo Diego Xelmírez, nado nas Torres do Oeste, foi un dos artífices desa prosperidade, mandando construír un peirao (que se mantivo activo até o século XVII, cando os aluvións do río Sar provocaron a retirada da ría), onde se sitúa actualmente a igrexa de Santiago. Dos seus estaleiros saíron as primeiras galeras da mariña española. No século XV o arcebispo Rodrígo de Luna estivo dous anos en Padrón con todo o cabido compostelán para protexerse dos condes de Altamira. Na igrexa de Iria Flavia consérvase o seu sepulcro, con estatua xacente.
Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Xoán Rodríguez de Padrón, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela.
Eleccións en Padrón
O PPdG predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de Jesús Villamor Calvo coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o PSdeG e un partido independente (escisión no seu día do PPdG), deulle o bastón de mando a Camilo Forján Seoane, pertencente ao PSdeG. O BNG e o PG tamén apoiaron a investidura do devandito. Na actualidade o alcalde é Antonio Fernández Angueira do PPdG, que goberna en coalición co PGD.
|
|
|
Patrimonio
Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón consérvanse dous epígrafes: un en latín, sobre a tradición do santo, e outro de 1133, sobre a reconstrución do templo iniciada polo bispo Xelmírez.
Na ermida de Santiaguiño do Monte, á que segundo a lenda se retiraba a rezar o apóstolo tralas súas predicas, celébrase cada 25 de xullo unha popular romaría.
A casa da Matanza é o pazo onde residiu Rosalía de Castro, situado na periferia, fronte á estación de Padrón. Actualmente acolle un museo. Nos arredores da poboación existen outros pazos e casas señoriais.
O Xardín botánico de Padrón, situado no centro da vila, acolle especies senlleiras e exóticas de árbores.
A vila acolle cada domingo a feira de Padrón, unha das de máis sona de Galiza, onde ademais de roupa e apeiros, destacan os produtos hortofrutícolas da zona, en especial os coñecidos pementos.
Os pementos de Padrón, están vinculados ao mosteiro de San Francisco de Herbón, onde foron levados por frades franciscanos cara ao século XVI ou XVII, seguramente procedentes de México ou o sur dos EUA.
Padrón na cultura popular
- Véxote no Milladoiro,
- no Faramelo, en Padrón,
- e hastra pola Ponte Valga
- te vexo no corazón.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Padrón.
-
Vista xeral do río coa ponte ó fondo
-
Praza
-
Igrexa de Padrón
-
Busto de Castelao no Xardín botánico de Padrón
-
Casa de Rosalía de Castro ou Casa da Matanza
-
Estatua de Camilo José Cela
Parroquias
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
---|---|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |
Lugares de Padrón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrón vexa: Lugares de Padrón.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Padrón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Padrón |
Ligazóns externas
- Web do Concello de Padrón
- Unha curiosa historia de Iria Flavia (en castelán)
- www.DesdePadron.Com, deseñada para que a mocidade local teña un lugar onde colgar, intercambiar e atopar información de interese sobre a vila.