Cidadáns de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cidadáns de Galicia (CIDEGA) é un partido galego que se autodefine como galeguista de centro rexistrado o 22 de outubro de 2006. Está dirixido por Adolfo Reymóndez, ex-concelleiro e presidente do Partido Popular de Galicia en Rianxo.

Presentouse ás eleccións municipais de 2007 na Estrada sacando dous concelleiros, que posteriormente, en agosto de 2009, deixaron o partido[1], incorporándose ao PPdG [2]. A pesar do parecido dos nomes non ten relación orgánica ningunha con Ciutadans de Catalunya. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 preséntase en coalición con Vía Centrum Partido Demócrata.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]