Saltar ao contido

Francisco Cano Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Cano Román
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Tetuán, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Cantoria, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de bicicleta Editar o valor en Wikidata
Outros nomesComandante Félix
Carlos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, contrabandista Editar o valor en Wikidata

Francisco Cano Román, coñecido como Comandante Félix e Carlos, nado en Tetuán en 1908 e finado en Cantoria (Almería) o 25 de outubro de 1955, foi un militar e garda civil español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antigo contrabandista e traficante de armas. Militar, destinado no Centro de Transmisións e Estudos Tácticos de Enxeñeiros, ascendeu a sarxento de enxeñeiros en febreiro de 1935.[1] Membro do servizo de información do Exército, acadou a gradación de capitán de complemento de enxeñeiros. Despois colaborou con Falange. Operaba como máximo responsábel dun autodenominado “Exército da resistencia”.[2] Axudado doutros antigos demócratas reconvertidos en colaboradores do réxime, Alvarado e Roberto “O Francés”, puxeron en marcha diversas operacións encubertas en todo o territorio español, como un intento de infiltración na guerrilla de Viveiro en maio de 1947, o desmantelamento da dirección clandestina do PCE en Madrid e a caída da guerrilla asturiana do 27 de xaneiro de 1948, que rematou coa morte de dezanove loitadores antifranquistas, entre eles Onofre, Boger, Aurelio Caxigal ou os Castiello.[3] O 22 de xuño de 1949 a súa intervención acabou coa vida de Manuel Fernández Soto e Bernardo Álvarez Trabajo en Teilán; o terceiro membro do comando Elías López Armesto resultou malferido, conseguiu fuxir e refuxiarse no monte, onde morreu pouco tempo despois.

Francisco Cano, que figuraba como "colocado" na Agrupación Temporal Militar para Servicios Civiles con destino na Deputación Provincial de Almería, foi dado oficialmente por morto o 25 de outubro de 1955 nun accidente de bicicleta en Cantoria (Almería).[4][5][6] Outras fontes afirman que en realidade morreu en Madrid o 19 de setembro de 1972.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gómez Fouz, J. R. (1989). Bernabé. El mito de un bandolero. Barcelona: Biblioteca Julio Somoza. pp. 47–70. 
  • Gómez Fouz, J. R. (1992). La Brigadilla. Gijón: Biblioteca Julio Somoza. pp. 88–109. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]