Teilán, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teilán
Teilán - panoramio.jpg
Teilán
ConcelloBóveda
Poboación177 hab. (2017)
Entidades de poboación10

Santa Baia de Teilán é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Limita coas parroquias de Remesar ao norte, Rubián ao leste, Bóveda ao sur e Martín ao oeste.

Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 224 habitantes (123 mulleres e 101 homes), distribuídos en dez entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1402 o abade de Castro de Rei de Lemos, Enrique Martínez, afora a Diego López de Somoza o lugar de Carballedo desta parroquia. Anos despois, no 1474 Frai Juan de Aián, fai foro a Leonor Afonso de Castroferos do Casal de Carballedo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • A igrexa de Santa Baia de Teilán, do século XVII, ten planta rectangular e muros de cachotaría de xisto, con cuberta a dúas augas e madeira de xisto. Accédese á capela maior mediante un arco de medio punto, e ten pegada, ó sur a sancristía.
  • Pazo da Ribeira, no lugar da Ribeira. A fachada da casa ten varias inscricións. A que aparece debaixo do escudo fai referencia á liñaxe dos señores e di así:

LOS RIBAS DE NEIRA CREIERON / AL APOSTOL ¿tan? DE VERAS / QUE POR LA FE MERECIERON / LA CRUZ CON CINCO BENERAS / Y POR HONRA NO PAREXA / POR SER DE LINAGE CLARO / LES DIERON LA CRUZ BERMEXA / EN CAMPO VERDE ESMALTADA.

A que aparece sobre o escudo leva o lema: BIZCAINOS PONEN ARMAS / CASTILLOS Y ALABARDAS.

Por último, na porción de fachada á que se accede pola portada central figura a seguinte: HIZO ESTA CASA PO / SEYENDO SVS BINCV / LOS Y MAYORAZGOS / DON DIEGO ANTONIO R / IVADENEYRA Y PARDO / AÑO DE = 1806-.

  • Casa da Torre, tamén na Ribeira. A esta casa pertence unha imaxe de Santa Baia conservada no Pazo da Ribeira, polo que esta construción puido ser a casa orixinal do Pazo antes de se construír o actual.

Consérvanse varios muíños antigos, como o da Chousa en Souto ou o muíño do Sancho en Vales.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Teilán[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Teilán no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

A Chá | A Cortella | A Estación | A Modorra | A Parrocha | O Reguengo | A Ribeira | Souto | O Toxedo | Vales

Parroquias de Bóveda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]