Ana Cabana Iglesia
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Ana Cabana Iglesia | |
---|---|
Nacemento | 1976 |
Castro de Rei | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiadora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ana Cabana Iglesia, nada en Castro de Rei en 1976, é unha historiadora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, dende 2003 é profesora do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC. Dedícase ao estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista e a conflitividade rural durante o franquismo e a transición.
Obras[editar | editar a fonte]
- Pedro Murias. Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa, 2001.
- Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), 2007.
- Xente de Orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia, 2009.
- La derrota de lo épico, 2013.