José López Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé López Armesto
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Paradela, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsElías López Armesto Editar o valor em Wikidata

José López Armesto, nado en Paradela en 1903 e finado en Monforte de Lemos o 16 de decembro de 1982,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Elías López Armesto. Emigrou moi novo a Cuba e despois a Nova York, onde traballou nun hotel e na firma de ascensores Otis. Nunha viaxe a Paradela decidiu casar e instalou un comercio. Na II República foi elixido alcalde de Paradela en abril de 1933, militando no Partido Republicano Gallego. Integrado en Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi reposto no cargo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e agochado en Reiriz xunto ao alcalde de Sarria Antonio Páramo Sánchez. Ao rematar a guerra entregouse e ingresou no cárcere de Lugo o 8 de marzo de 1940. Foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión, resultando a súa causa con sobresemento provisional. Instalouse en Monforte de Lemos, onde montou un bar e ultramarinos, a foritería Bóveda. Alí morreu en decembro de 1982, ao ser atropelado nun paso de peóns.


Predecesor:
José Ramón Dosio López
 
Alcalde de Paradela
 
1933 - 1934
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 
Alcalde de Paradela
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 18-12-1982, p. 38

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]