Francisco López Quinte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco López Quinte
AlcumePaco de Rigueiro
Nacemento1917
Lugar de nacementoSarria
Falecemento10 de febreiro de 2000
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Francisco López Quinte, coñecido como Paco de Rigueiro, nado en Sarria cara a 1917 e finado en Lugo o 10 de febreiro de 2000, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan López e Carmen Quinte. Veciño de Treilán. Enlace da guerrilla que tivo que fuxir ao ser descuberto. Integróuse na III Agrupación luguesa do Exército Guerrilleiro. Procesado na causa 522/47, foi reclamado polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo con Adolfo Gregorio Cenitagoya González, Manuel Rodríguez, Xosé Castro Veiga, José Pardo Rodríguez, Abelardo Gutiérrez Alba, Elías López Armesto e Xosé Arias Fernández en febreiro de 1948.[1] Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato do Bloque Nacional Popular Galego ao Senado, pero non resultou elixido.[2] Finou en Lugo o 10 de febreiro de 2000.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 29-2-1948, p. 2,
  2. Elecciones al Senado 15 de junio de 1977
  3. Necrolóxica en El Progreso, 11-2-2000, p. 68.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]