Península Itálica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de satélite

A Península Itálica é unha península do surcentro de Europa e é unha das tres grandes penínsulas do sur de Europa, xunto coa Balcánica e a Ibérica. Está situada no centro do mar Mediterráneo, entre os mares Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente abrangue a maior parte de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.

Características xerais[editar | editar a fonte]

A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A península Itálica está bañada polo mar de Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.

No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.

Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.

División política e administrativa da Península Itálica[editar | editar a fonte]

A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está:

País/
Territorio
Superficie peninsular Descrición Capital Idioma oficial
Poboación[1] km2[2] sq mi Tanto por cen
Italia República italiana 26 140 000 131,275 50,686 99.9531% Ocupa a maioría da península Roma italiano
San Marino San Marino 31 887 61.2 23.6 0.0466% Un enclave ó nordeste da Italia peninsular Cidade de San Marino italiano
Cidade do Vaticano Cidade do Vaticano 829 0.44 0.17 0.0003% Un enclave de Roma (Italia) Cidade do Vaticano italiano, latín

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. A poboación só inclúe os habitantes da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña
  2. A superficie só a da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña