Vilalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vilalbés")
Vilalba
Bandeira de Vilalba Escudo de Vilalba
Casa do concello, Vilalba.jpg
Casa do concello
Situación
Situacion Vilalba.PNG
Xentilicio[1]: Vilalbés - Chairego
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Terra Chá
Poboación: 15.437 hab. (2009)
Área: 379,0 km²
Densidade: 40,65 hab./km²
Entidades de poboación: 30 parroquias
Capital do concello: Vilalba
Política (2011)
Alcalde: Gerardo Criado Guizán (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 2
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 5
Outros: -
Eleccións municipais en Vilalba
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,74 %
Sitio web oficial
www.vilalba.org
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilalba (homónimos).

Vilalba (xentilicio: Vilalbés ou tamén Chairego) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá sendo a súa capital.

A vila ten unha poboación de 15.437 habitantes (2009) segundo o IGE, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 40,52 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois de A Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila[3].

Vilalba posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía e un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa[4], o roscón de améndoas e os célebres Capóns de Vilalba[5] que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Índice

[editar] Historia

Torre da homenaxe.

As primeiras referencias á vila actual datan do século VI. Alúdese á vila de Santa María de Montenegro baixo a protección da familia do mesmo nome. No século VIII sufriu un incendio que a destruíu completamente.

Posteriormente, no século XII, aparece citada có nome de Vilarente e vincúlase coa dinastía dos Andrade. No século XV, no ano 1431, destruíuse o castelo durante a primeira revolta irmandiña. Foi Nuno Freire de Andrade, o Mao, quen despois obrigou ós veciños a reconstruílo.

Posteriormente, en 1467, se efectuaría a segunda e verdadeira revolta irmandiña, na que Alonso de Lanzós, Pedro Osorio e Diego de Lemos dirixiron un auténtico exército popular que acabou con todas as fortificacións dos Andrade, con excepción da de Moeche.

Actualmente, a torre da homenaxe do castelo dos Andrade, de planta octogonal, serve como Parador de Turismo, mandado restaurar polo ex-Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne.

[editar] Xornalismo vilalbés

Vilalba ten contado ao longo do século XX cunha ampla tradición xornalística, que se inicia en 1902 co Ideal Villalbés, xornal manuscrito do poeta e xornalista Antonio García Hermida. A esta primeira tentativa seguirá, xa de forma mais profesional, a edición de El Eco de Villalba (1908) da man de Manuel Mato Vizoso e José Novo Pardo. Tras este virán: El Ratón (1910), El Vigía Villalbés (1913), Azul y Blanco (1914), Villalba y su comarca (1915), Galicia Pintoresca (1916) ou Heraldo de Villalba (1916) que suporá a consagración definitiva de García Hermida no mundo do periodismo.

Pero a proliferación de prensa escrita non termina aí, senón que continuará nese mesmo ano e os seguintes co primeiro xornal escrito integramente en galego na vila, A Xusticia (1917), ó que seguirán: Aurora (1918), El Gato (1919), La Voz Villalbesa (1921), El Progreso Villalbés (1922), fundado por Enríquez Chanot, El Villalbés (1925), El Villalbés de Buenos Aires (1927) ou La Unión Ciudadana (1929). Nos anos da II República editouse un periódico abertamente militante: Faro Villalbés (1932), que contaría entre os seus colaboradores coa poetisa Carmiña Prieto Rouco, autora do "Himno da Terra Cha". Nos anos da ditadura só dous xornais viron a luz, ambos de carácter netamente deportivo: Stadium (1949) e El Castillo (1950). Haberá que esperar ata a democracia para que un novo xornal saia á luz alcanzando entón unha ampla repercusión: A Voz de Vilalba (1983).[Cómpre referencia]

[editar] Camiño de Santiago

A Ruta da Costa do Camiño de Santiago entra no concello vilalbés dende Abadín e pasa pola ponte vella de Martiñán, Goiriz, e sae do concello dirección Baamonde por San Xoán de Alba, Torre Pedrouzos e de aí a Guitiriz.

[editar] Festividades

"Festa dos Pepes" en marzo; 31 de agosto San Ramón e 1 de setembro Santa María (ambos patróns da parroquia capital do concello); 29 de xuño San Pedro en Santaballa e 25 de xullo o Santiago en Goiriz, Sancovade, Samarugo, Boizán.

Feira dos Capóns o 21 de decembro.Feira O primeiro domingo de cada mes que non coincida co día 1. Coincidindo con esta, no mes de Abril celébrase a Feira do Queixo de San Simón. Feirón O primeiro martes entre o 17 e o 23 de cada mes . Pequeno mercado os martes e venres.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilalba.

[editar] Lugares de Vilalba

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilalba véxase Lugares de Vilalba.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Vilalba

Alba (San Xoán) | Árbol (San Lourenzo) | Belesar (San Martiño) | Boizán (Santiago) | Carballido (Santa María) | Codesido (San Martiño) | Corvelle (San Bartolomeu) | Distriz (San Martiño) | Goiriz (Santiago) | Gondaísque (Santa María) | Insua (San Bartolomeu) | Ladra (San Salvador) | Lanzós (San Martiño) | Lanzós (San Salvador) | Mourence (San Xiao) | Nete (San Cosme) | Noche (San Martiño) | Oleiros (San Mamede) | Rioaveso (San Xurxo) | Román (Santalla) | Samarugo (Santiago) | San Simón da Costa (San Simón) | Sancovade (Santiago) | Santaballa (San Pedro) | Soexo (Santa María) | Tardade (Santa María) | A Torre (Santa María) | Vilalba (Santa María) | Vilapedre (San Mamede) | Xoibán (San Salvador)


[editar] Referencias

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Carlos Díaz Martínez, José-Luís Novo Cazón (2006), A memoria de Vilalba, Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-470-9.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas