Pradairo común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pradairo
Acer pseudoplatanus(01).jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Acer
Nome científico
Acer pseudoplatanus L.
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O pradairo común (Acer pseudoplatanus L.) é unha árbore da familia das Sapindaceae, antes da antiga familia Aceraceae.

[editar] Descrición

O pradairo é unha árbore grande, de talo lanzal, que pode acadar 35 m de altura e un diámetro duns 3,5 m ( a 1,5 m sobre o chan). A cortiza é de primeiras dun gris amarelento, logo gris avermellado, e pode escamar en placas grandes. As follas son opostas (como en todas as árbores do xénero acer), caducas, palmeadas con cinco lobos en punta, de dentes romos, separados por seos agudos. Estas follas, de pecíolo longo, son verde-escuras na cara superior e verde-glauco no anverso, onde mostran pelos nos nervos.

As flores de cor verde-amarelo, agrupadas en corimbos, aparecen antes que as follas. Teñen 5 sépalos, 5 pétalos e 8 estames. Os froitos son en sámara con ás largas e pregadas, formando ángulo recto.

É unha árbore de medre rápido nos primeiros anos, que rebrota doadamente do tronco cando se lle corta. Florece entre 20 a 25 anos, en abril e maio. Os froitos aparecen a finais do verán e mantéñense bastante na árbore. Prefire chans ricos e, sobre todo, calizos. Polo xeral aparece en poboacións espalladas no medio doutras especies, especialmente acompañando faias e abetos. En Galicia pode verse no interior á beira de ríos e regatos e nos parques e alamedas.

[editar] Utilización

O pradairo, como autros arces, cultívase como planta ornamental. A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados. Un emprego salientable é para fabricación de instrumentos musicais. En tempos utilizouse para facer zocas. Fornece tamén unha execelente madeira para queimar.

[editar] Mitoloxía

  • Segundo a tradición alemá as cegoñas engadían ponlas de pradairos para evitar a esterilidade que lle traían os morcegos. e na mitoloxía húngara está asociado cos malos recordos e a melancolía segundo a lenda un pastor fixo unha frauta cunha ponla dun pradairo e ao tocala contaba a historia dunha princesa asasinada por envexa polas fillas do rei e que este soterrou baixo o pradairo.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas