El Eco de Villalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de Villalba foi un periódico editado en Vilalba entre 1908 e 1915.

Índice

[editar] Historia e características

Subtitulado Revista quincenal consagrada a la defensa de los intereses de Villalba y su comarca, apareceu o 1 de xaneiro de 1908. Foi fundado e dirixido por Manuel Mato Vizoso, con José Novo Pardo como administrador. O seu ideario era conservador católico. Inicialmente tivo unha periodicidade mensual, despois foi quincenal e dende 1912 editouse tres veces ao mes. Como colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Antonio Noriega Varela, Antonio Nieto, Xosé María Chao Ledo e Segundo López Carpintero. Logo da morte do seu fundador tivo como directores a José Novo Pardo e Manuel Bermúdez e pasou a defender o caciquismo local. Cesou a súa edición en 1915.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990), Historia de la Prensa Gallega 1800-1986, Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas