Aurora (Vilalba)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aurora
PaísEspaña
LugarVilalba
Lingua
Na rede
Galiciana: 1000130969
editar datos en Wikidata ]

Aurora foi unha revista editada en Vilalba de 1918 a 1920.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista informativa-literaria, apareceu o 15 de decembro de 1918. Posteriormente cambiou o seu subtítulo por Idearium de la Juventud Gallega e a partir do número 14 por Revista de literatura, arte e información. Revista mensual de tendencia rexionalista, aparecía o día 15. Estaba dirixida por José Novo Pardo e despois por Antonio García Penabad, e o redactor xefe era Gustavo Ramudo Lamas. Ángel Fraga Orosa foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Ramón Cabanillas, Antonio Rey Soto, Antonio Noriega Varela, Xosé Lesta Meis e Leandro Carré Alvarellos. O último número coñecido é o 14, aparecido o 15 de marzo de 1920.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]