Baamonde, Begonte
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baamonde.
| Baamonde | |
|---|---|
| Igrexa de Santiago de Baamonde. | |
| Concello | Begonte |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2004) 376 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 376 habitantes (195 mulleres e 181 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 403 habitantes.
Está situado a carón da conexión da A-6 coa estrada N-634 e coa A-8.
Desta parroquia é orixinario o escultor Víctor Corral, e nela sitúase a súa Casa-Museo. Hai un castiñeiro duns 500 anos no cal o escultor talou unha capela da Virxe do Rosario. A igrexa parroquial é do século XII.
A festa local celébrase o 11 de setembro, día da Virxe do Rosario.
Índice |
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Baamonde, Begonte.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Baamonde
| Lugares da parroquia de Baamonde no concello de Begonte (Lugo) | |
|---|---|
|
Aldea de Arriba | Baamonde | A Chafareta | O Pazo | A Rega | Riocovo | A Silvosa | Vilasuso |