Antonio García Hermida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio García Hermida, nado en Vilalba o 7 de abril de 1885 e finado na mesma vila o 4 de setembro de 1939, foi un escritor e xornalista galego.
[editar] Traxectoria
En 1902 editou en Vilalba o xornal manuscrito Ideal Villalbés, colaborou en El Eco de Villalba e fundou e dirixiu os periódicos Azul y Blanco e Heraldo de Villalba. Tamén colaborou en Ilustración Gallega. Asinou os seus escritos cos pseudónimos D'Aponte, Garcimida e Ragrech. Militou nas Irmandades da Fala, sendo secretario da Irmandade de Vilalba.
Foi pai do escritor Xosé Luís García Mato, que recolleu os seus poemas e contos e os publicou en 1973 co título Charetas.
[editar] Obra
- Los niños y los árboles, 1914.
- La herencia de Juanillo, 1914.
- El jardín de Roberto, 1919 (premiado polo Ateneo-Biblioteca de Ribadeo).
- El huérfano y la esperanza (diálogo en verso).
- Charetas, 1973.