Distriz, Vilalba
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Distriz.
| Distriz | |
|---|---|
| Concello | Vilalba |
| Área | - km² |
| Poboación | 171 hab. (2008) |
| Entidades de poboación | 19 |
San Martiño de Distriz é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 171 habitantes (91 mulleres e 80 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 187 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
Distriz é unha parroquia con terreos de labradío, prados e chousas, arbolados con soutos, abidueirais e carballeiras á beira do río Trimaz.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Distriz [editar]
| Lugares da parroquia de Distriz no concello de Vilalba (Lugo) | |
|---|---|
|
Airavella | Algara | Altamira | O Cedelo | O Cruceiro | Os Currás | A Fonte | A Fontechousa | O Foro | Gondeboi | A Igrexa | A Paiola | As Paredes | As Pedreiras | O Pendello | O Pereiro | A Pollosa | Portocelo | O Vilar do Seco |