Serra da Carba
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A serra da Carba é unha serra galega considerada parte das serras setentrionais de Galiza e localizada no norte da comarca da Terra Chá, no suroeste do Xistral, sobre a beira esquerda no alto do curso de río Eume.
Está formada sobre todo por cuarcitas do período cámbrico, cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e mais uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas.
A O punto de maior altitude é a Carba, con 908 metros sobre o nivel do mar.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1